Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (5)

miércoles, 22 de diciembre de 2021
Realización de Rituais

1. A Novena

Nove días dentantes da festividade mariana celébrase a súa novena cos seguintes actos:
Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (5)
1. Rezo do Santo Rosario.
2. Lectura de salmos na honra da advocación mariana da Saúde.
3. Oracións propias de cada día e oracións xerais.
4. Pedimentos á Virxe por parte dos fregueses asistentes ao acto.
5. Oración final.
6. Celebración da Santa Misa.

A este ritual acoden moitos fieis da parroquia e doutras limítrofes. Aínda hai o costume de tirar unha "bomba de palenque" no primeiro toque da campá dos tres que leva a cabo o sancristán para chamar ao acto aos fregueses da comunidades parroquial (1).

Asimesmo, tamén e tradición que a advocación mariana esté ao alcance dos fieis, que acoden a novena, para que poidan pasar os seus panos ou outros obxectos por diferentes partes da imaxe.

2. Misas
Ata hai uns trinta anos -finais da década dos setenta do século pasado- a misa solemne case sempre se celebraba nunha chousa (2), chamada "A Cudixeira", situada preto da igrexa Devoción popular no Santuario da Virxe da Saúde de Frameán, Monterroso (5) parroquial. Esta chousa era cedida polo seu dono para concelebrar as misas solemnes do primeiro domingo de setembro e luns seguinte (3), así como para realizar a festa profana.

A partir de comezos da década dos oitenta as misas solemnes do primeiro domingo de setembro e luns seguinte celebraronse durante varios anos no adro da igrexa parroquial, ficando a Virxe por riba dun carro (4).

No intre actual tanto as misas ordinarias (5) como as solemnes oficianse no interior da igrexa parroquial. Así, o primeiro día da festa, que é o sábado, só se celebra unha misa solemne a primeira hora da tarde. Pola contra, o domingo (6) ofícianse varias misas ao longo da mañá, ao mediodía, para rematar aos comezos da tarde coa misa solemne (7).

NOTAS:
1. Informante de Frameán: Pablo Gómez Regueira.
2. Porción de monte pechada e acoutado.
3. A advocación mariana poñíase por riba dun carro e os cregos concelebraban a misa nunha mesa, disposta cos diferentes elementos sacros e colocada baixo un carballo.
4. As misas solemnes do primeiro domingo de setembro e do luns seguinte oficiaronse tanto na Cudixeira como no adro da igrexa parroquial sempre que a climatoloxia era exeitada.
5. Chamadas tamén rezadas.
6. Primeiro domingo de setembro.
7. Oficiada polo párroco da freguesía e un ou dous cregos de freguesías limítrofes.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES