Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cartas de Eugenio Montes a Álvaro Cunqueiro desde Roma

martes, 21 de diciembre de 2021
Cando vou a miña terra, con frecuencia, sae o tema de Eugenio Montes, é tanto o descoñecemento sobre a súa historia de vida, que se fan afirmacións, que nada ten que ver coa realidade, tales como:

1. Que era embaixador en Roma, penso que xa lle gustaría, foi director durante dezaoito anos do Instituto Español de Roma. O que parece que foi verdade, é que estaba nomeado para ser embaixador na Arxentina, pero debido a súa condición de divorciado, e a de terse presentado como candidato socialista pola provincia de Ourense nas eleccións a Cortes Constituíntes de xuño de 1931, ese nomeamento non se fixo efectivo.

2. Qué vivía moi ben do Réxime. A Institución que dirixía, debía andar escasa de recursos, basta comprobar as estratexias e as sinerxías ás que tiña que recorrer, se quería levar aos nosos intelectuais a un acto cultural ou impartir unha conferencia. Recoñece que "El Estado me paga mal, pero al menos me ha dado un palacio para vivir", que pon a disposición dos seus invitados. Todo isto sabémolo por a correspondencia con Cunqueiro. Cartas 52 e 53, que copio a continuación, e que están publicadas co título "Cunqueiro, destinatario" (Cadernos Ramón Piñeiro 28), ed. de Luís Cochón, Xunta de Galicia, 2014.

Cartas de Eugenio Montes
LII
(Sen data)

Mi muy querido Álvaro:

¡Cómo te recordamos aquí Castroviejo y yo hace un par de años, cuando nuestro barbudo y auténtico amigo pasó unos días conmigo! ¡Cómo te recordamos este otoño, en la casa de él, entre Cangas y Moaña! ¡Cómo te recordaba hablando en Vigo con mi cuñado Emilio Bermúdez, que también te quiere! ¡Cómo te recordaba, hace aún menos de dos meses en Santiago de Compostela, una mañana fría y para mí triste! Entonces, a ayudar la evocación, vino la lectura de una conversación -entrevista- contigo en el primer periódico que compré en la calle. Pero en verdad para evocarte a ti yo no necesito ayudas externas. Me bastan la memoria y el cariño.

Mucho me gustaría, Álvaro, que vinieses alguna vez a Roma; dieses una conferencia y te hospedases en mi casa. El Estado me paga mal, pero al menos me ha dado un palacio para vivir. Desgraciadamente el Instituto, aunque puede pagar una conferencia, no puede traer a nadie. Eso supera con mucho nuestras posibilidades. Pero acaso entre Castroviejo y Gonzalo de la Mora pudiesen conseguir del semivigués Ruíz Morales que te subvencionase una gira europea; y así yo podría hospedarte y mostrarte Roma.

Un abrazo antiguo de Eugenio (1).
[Nota: Carta con cabeceira que di: "Instituto Español de Lengua y Literatura" e, manuscrito, o enderezo, "Via della Rotonda, 23, Roma."].

LIII

(Sen data, pero circa
febreiro do 1960)

Querido Álvaro:

Eres de una generosidad encantadora. Mientras muchos que me deben todo no confiesan deberme nada, tú, que nada me debes, te proclamas hiperbólicamente deudor absoluto. Pero la verdad es que a ti te lo ha dado todo tu talento literario, que es el más poético de España en tu generación.
Me hubiese gustado conversar cuando nuestro encuentro madrileño. Fue Suevos (2) quien me hizo llegar tarde a la cita en el ateneo (3).
Pero tengo un plan para que el año próximo -es decir, el curso próximo- vengas aquí, sin que te cueste un céntimo el viaje a Italia. Darías una conferencia en este mi Instituto; otra en el filial de Nápoles.
Entre la Dirección de Culturales y estas conferencias te pagas el viaje y algunas cosillas para llevarte de recuerdo; y te hospedas en mi casa (de la que salieron Papas y posee 11 frescos de Claudio Lorena). Este verano te daré detalles. Cuenta con ello para tus proyectos.
Un abrazo entrañable de Eugenio

[Nota: Carta con cabeceira que di: "Instituto Español de Lengua y Literatura" e, manuscrito, o enderezo, "Via della Rotonda, 23, Roma."].

É difícil encontrar unha figura tan poliédrica como Montes, chea de contrastes e por veces contraditoria, querido e respectado por tantos intelectuais, entre os que podemos destacar: Otero Pedrayo, Risco, Marcelo Macías, Blanco Amor, Valle Inclán, Castroviejo, Cunqueiro, García Lorca, Dalí, Ortega y Gasset, Pérez Galdós, Ramón y Cajal, Unamuno, os irmas Machado, D’Ors Juan Ramón Jiménez, Benavente, Dámaso Alonso, Gil Vicente, Borges e Azaña, entre outros moitos.

D. Manuel Azaña pasou de convidalo a colaborar en "España y la Pluma", a retirarlle o saúdo ao ler no dominical do ABC o artigo "El delfín del sable azul", eu penso que tamén debeu de ser porque Montes, pasou a formar parte da Falanxe, en cambio, Montes non lle gardou rancor, foi o valedor do seu cuñado Cipriano Rivas Cherif, cando o nomearon director do teatro Lara, en palabras de Montes "donde pasó una época de relativa felicidad, después de un tiempo desgraciado". Azaña cita con frecuencia ao seu cuñado Cipriano nos seus diarios.
Montes era unha persoa: intelixente, traballadora, culta, formada, agradecida, xenerosa, fiel ás súas raíces, a súa xente e a súa terra. Sempre que falaba de Bande facíao con cariño, con orgullo e con paixón.

Foi un excelente escritor, viaxeiro incansable, coñecedor de diferentes linguas e culturas. Cando temos a oportunidade de estudar a súa obra, tanto en galego como en castelán, nace o recoñecemento por o traballo ben feito, transmitido a través de: Alalás; Tres Contos; Estética da muiñeira; El viajero y su sombra; Melodía italiana; Elegías europeas; Visión de Portugal; El Rey Sabio y Federico II de Sicilia; Miguel Ángel en el jardín de los Medicis; El romanticismo y los clásicos; La tarde del mundo antiguo; Reloj de sol; La estrella y la Estela; La Navidad en la poesía española; Seis temas peruanos, a este largo catálogo hai que engadir numerosas conferencias, separatas, discursos, artigos, ensaios, crónicas e prólogos.

Do seu traballo e do seu talento, falan os múltiples premios, honores e recoñecementos: Premio Cittá di Castello; Premio Internazionale Cittá di Roma, 1972; Premio Tévere, 1973; Premio Mercurio d'Oro, 1974; Premio III Milenario de Cádiz; Académico de número da Real Academia Española e da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Membro das Academias: Burguense; Paestrum e do Mediterráneo. Director do Instituto Español de Roma e de Lisboa. Recibiu numerosas condecoracións das institucións e gobernos de Italia, Portugal, Brasil, Ecuador, Perú e España.

Moitos foron os favores que lles fixo Montes ás persoas de Bande e ás do seu entorno, ese agradecemento segue fresco na memoria, tanto dos que aínda viven, como dos descendentes dos que xa se foron. Lástima que non se lle teña un recoñecemento público parecido ao que lle ten o pobo de Mondoñedo a Cunqueiro, a pesar de ter unha historia de vida moi similar.

NOTAS:
1. Sobre Eugenio Montes, algo temos dito na Introdución a Saiban cantos estas cartas viren... Álvaro Cunqueiro e Alberto Casal (1955-1961). Cadernos Ramón Piñeiro XXIII. Centro Ramón Piñeiro, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 2012
2. Jesús Suevos.
3. No Ateneo de Madrid. Se Montes refire que chegou tarde á conferencia coa que Álvaro disertou no Ateneo madrileño, entón puido ser o día 19 ou 20 de febreiro do ano 1960.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES