Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sería moi bo

jueves, 23 de diciembre de 2021
Din que as ideas moven o mundo.
Pois, se de ideas se trata, poderíamos plantexarnos dar un xiro nas nosas vidas para recargar pilas, que nos está facendo moita falta.

SERÍA MOI BO:
- Que as criaturas puideran celebrar o Nadal cantando paxoliñas arredor dun Belén, vendo ós seus proxenitores xuntos.
- Que os estudiantes aproveitaran os estudios para adquirir unha formación sólida.
- Que os anciáns e as anciás poideran celebrar o Nadal á carón dos seus, rodeados de cariño, mimos e atencións.
- Que a xuventude tivera un traballo que lle permirira emanciparse, ter autonomía económica e fundar a súa propia familia estable e duradeira.
- Que os emigrantes puideran retornar á terra que os víu nacer.
- Que desaparecera o tráfico de persoas que tantas vidas destrúe.
- Que nunca máis se tivera que falar da violencia de xénero.
- Que amáramos ó próximo como a nós mesmos.

DAQUELA SERÍAMOS CAPACES DE TRANSFORMAR:
- As diferencias de pareceres en oportunidades para comprendernos mutuamente.
- A lacazanería en espìrito de loita e sacrificio porque loitando e sacrificándose é como se logran os soños que nos propoñemos.
- A soidade da ancianidade en amor compartido entre varias xeracións dunha mesma familia.
- A xuventude parada en xuventude emancipada.
- A explotación dos emigrados en dignidade de retornados.
- As persoas maltratadas en persoas dignificadas.

Pero, non.
Non consguiremos esas mellorías a pesar de que celebramos o o Nadal a nivel mundial.
¿Por qué será?
Porque poñemos en dúbida o espírito do Nadal.
Para uns o Nadal é diversión.
Para outros é consumismo.
Para outros é materialismo puro e duro.
Para outros é soidade.
Para outros é como outro día calquera.
Para outros é luces de cores.
Para todos quere ser alegría aínda que para moitos sexa tristura.

E para moi poucos é o feito de que Deus manda o seu Fillo ó mundo para manifestarnos que temos un PAI-NAI que é todo AMOR.
E mandóunolo humilde e sencillo para solidarizarse cos loitadores para ensinarnos que na sencillez e na humildade de cada día está o camiño que leva á plenitude.
O camiño que temos que seguir tódolos humanos é un camiño con moitos atrancos que debemos superar sen desanimarnos.
A familia de Nazaret pode ser un bo exemplo para todos, tanto crentes como non crentes: santificar o traballo de cada día para transformalo en sabedoría e bondade.
Sabedoría para dar bos froitos cos talentos e as oportunidades que a vida nos ofrece.
Bondade á hora de actuar para que todo saia ben.
E CON MOITA CONFIAZA NO FUTURO PORQUE IMOS FACER TODO O POSIBLE PARA QUE TODO SAIA BEN.

E todo sairá ben aínda que neste momento da historia esteamos sumidos nun túnel de incertidumes.
Noutros tempos tamén estiveron e sairon adiante porque non desfaleceron.
Nós tamén sairemos.
Sairemos co noso esforzo e a axuda que Deus que sempre estará do noso lado, se nos poñemos nas súas Mans.
Claro que sairemos
"CLARO QUE SAIREMOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión tan especial:
¡BO NADAL!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES