Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O fútbol: alta capacidade mental

lunes, 20 de diciembre de 2021
O ftbol: alta capacidade mental Hai tempo que non falo de fútbol. Toca fútbol. Para recalcar unha vez máis que este deporte non é tan só vinte e dous paspáns correndo detrás dun balón, senón que é un xogo que, para un servidor, precisa de case un 90% de capacidade mental. Cando empezou a Liga española, creo que tanto o Real Madrid coma o Barcelona non tiñan onde caer mortos, ninguén daba un peso por eles, e mesmo os afeccionados merengues e de toda España vían como claro favorito ó Atlético de Madrid. Tan favorito que manexaría o campionato como a el lle petase.

Agora vaia por diante unha aclaración: que son tan antimadridista que daría un mundo por ver como este club baixa e baixa de categorías ata chegar a aquela onde estivese o C.D. Molgas (á última de todas) e que ó enfrontarse con este (xa sei que as derradeiras categorías van por provincias, pero é un dicir moi apropiado para o exemplo) e que perdese por 13-0, que sería a maior goleada da historia da Liga española.

Sendo tan antimadridista, recoñezo que, a día de hoxe (no mes de marzo ou abril xa veremos), o equipo do Santiago Bernabéu pode incluso merendarse ó mesmo Bayern Múnich, que semella e se di que é o máis potente que hai hoxe en Europa. Que si, que o Real Madrid está que se sae. E con practicamente os mesmos xogadores que non tiñan onde caer mortos. Que si, que resucitaron ás primeiras de cambio. Moitos achacaranlle o cambio ó novo adestrador (creo que aínda que poida influír algo, non me parece o suficiente para esa transformación), pero eu estou convencido de que todo está na cabeza deses xogadores.

Tamén é verdade que, hoxe por hoxe, a Liga española paréceme a min que é pobre, moi pobre, das máis pobres de Europa. Estamos sen ningunha estrela e como grandes xogadores, máis alá de Benzema (para un servidor), pouco hai onde botar man. E creo que se lle notou moito ó noso campionato esa escaseza de bos xogadores. A min non me parece lóxico e normal que, sen rematar tan sequera a primeira volta, case haxa xa un campión de Liga.

Certo que o mundo dá moitas voltas, pero a diferenza é tan abismal (sigo crendo que o único que lle pode facer fronte é o Atlético de Madrid, e no momento de escribir isto estaba a trece puntos dos merengues), que ten que acontecer un cataclismo futbolístico para que se lle escape o primeiro posto a ese equipo que cambiou o cen por cen.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES