Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xitanos, máis vale previr que lamentar (I)

martes, 19 de agosto de 2008
Racismo é a exaltación dunha raza fronte outra á que se considera inferior. Non creo que ese sexa o termo adecuado para cualificar aos cidadáns dos barrios da Coruña ou Pontevedra, polo rexeitamento dos xitanos de Penamoa, ou do Vao.

O que hai, por parte destes veciños é medo a admisión dunhas persoas que proveñen dunha zona, non só de chabolismo (non é un problema exclusivo de vivenda) senón de pobreza e marxinación extremas que unha vez enraizada indefectiblemente acumulan toda unha serie de problemas que, pensan, poden dificultar unha convivencia normalizada e o deterioro dos barrios en cuestión. A alusión á droga, en realidade, non é máis que un escudo a un rexeitamento máis xeral agravado cara está comunidade en concreto, por unha sona de mal vivir da que, no seu orixe, non teñen culpa nen os xitanos nen os paios senón, sobre todo, aqueles dos que menos se fala, os gobernos que coa súa actuación fronte estes, contribuíron decisivamente a esa hostilidade.

Os xitanos, na súa historia sufriron persecucións continuas desde o poder. Na ditadura foron a diana da garda civil que os acosou continua e brutalmente. Na democracia quedaron ocultos polas administracións nuns guetos onde non estorbaran. Perseguidos, vilipendiados, acusados de vagos, maleantes e por último abandoados a súa sorte, obrigounos a recollerse sobre si mesmos e xerar estratexias propias de sobrevivencia, adaptadas á súa situación de marxinalidade, buscando recursos económicos alleos ao sistema ordinario, no cal lles era moi dificil conseguir, tais como chatarreiros, feirantes, vendedores ambulantes, etc... mesmo recorrindo á picaresca, para rematar en conductas anómicas ou propiamente delitivas.

Por outra parte, a súa posición minoritaria e de debilidade social, o cal tamén lles fai temorosos do mundo paio que non controlan e obsérvano enfrontado, fíxolles necesaria a súa solidariedade, base esencial da súa supervivencia. Saben que somentes dependen de si mesmos -así, xeran os seus propios códigos de conduta- porque dos demais non esperan nada. Tan certo, como que foi agora por razóns infraestruturais ou urbanizadoras, e para nada humanitarias, cando se decataron as autoridades da presencia destes guetos. Ata agora, nada de nada. Incluso posiblemente o consideraban unha ventaxe. Alí non estorbaban e tiñan controlada a maioría da pequena delincuencia da cidade para lucir nas estadísticas policiais.

A cuestión, é que na pobreza é doado entrar pero unha vez perpetuados nela, é moi difícil saír, tanto que resulta perfectamente explicable o aparente contrasentido que, moitas das familias rexeiten a súa integración nas vivendas paias, e de non poder quedarse na inmundicia na que vivían, prefiran voltar coas súas familias e os seus clanes para seguir nun mundo marxinal pero que é o da súa cultura e vivencias, polo tanto o que entenden, ao que están adaptados e onde se sinten protexidos.

Así pois, daqueles polvos veñen estes lodos. O que non se quiso solucionar no seu día por quen debía facelo: as autoridades competentes, e deixaron pudrir a situación, agora hai que lamentar este tristeiro enfrontamento entre dúas comunidades co risco de alimentar, por unha banda, a animadversión ancestral cara esta etnia, aproveitable por elementos racistas, que sempre os hai; e por outra, o descontrol da delincuencia que asentada nestes guetos vese agora desprovista do seu espacio natural de trapicheo, derivando o conflicto a outros lugares, xerando unha maior alarma social.
Muñiz, Ramón
Muñiz, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES