Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 09 de diciembre de 2021
Estar a gusto

Empezo a estudar a posibilidade de como podo levantar da cadeira na que estou sentado e marchar. Estou tan a gusto! Nunha terraza dun café da Valenzá. E iso que o tempo ameaza chuvia. E iso que vai bastante frío. E iso que teño que marchar. Pero estou tan a gusto! Co cafeciño que me acaban de traer. Coas medias negras da protagonista da canción de Sabina. Con dúas pombas que andan ó redor, a ver se pillan algo. Pobres! Para máis aquel, non teño nada que lles dar.
Pingas de OrballoLevantarse dunha cadeira na que se está moi a gusto, por veces, é bastante complicado. Queres pero non podes. Como moitas accións da propia vida. Tamén é verdade que moita ansia non hai por intentar cambiar a situación. Pero é que se cambio, se ergo agora e marcho, non queda outra que facer algo; aínda que só sexa andar. E co ben que se está de nugallán! Quietiño, parado, sen facer nada. Porque, agora mesmo, escribir estas catro parvadas é coma non facer nada. Ademais, como estou só na terraza (a xente escápalle ó frío; mais como xa sabedes, eu aguanto coma os heroes), estou na gloria. Nunha terraza case sempre se está na gloria, pero, ás veces, asoma alguén que... xa sabemos o ton de voz que usamos neste noso país nas conversacións, que no canto de falar, berramos.
Sigo estudando a posibilidade de como erguer desta cadeira na que estou coma se fora no ceo, e tan só me aparece unha: que aínda que non queira, marcho porque teño que marchar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES