Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Deixounos Francisca, mai de moitos, aboa de todos

miércoles, 08 de diciembre de 2021
Hai uns día deixounos Francisca Rodríguez Cabanas aos 91 anos. A GaliciaDixital, unha libre Deixounos Francisca, mai de moitos, aboa de todosfiestra aberta a todo tipo de escritores, mandou Francisca os seus contos, e sobre todo os recordos da súa infancia, xuventude e muller casada, que moitos, dos que hoxe podían ser seus netos, entenden porque o viviron.

Se regresamos 90 anos atrás, na aldea de Ourovello no concello de Paderne, estaba a zona rural moi parecida ao século dezanove. Mais nom era Paderne só, senón que eran todos os concellos rurais de Galiza, incluíndo as parroquias extra radio das cidades. Queremos dicir que Caranza, Cabalo Branco, en Ferrol, por exemplo, semellábase ao que contaba Francisca: alumado público, nada de sumidoiros, etc. Mais hai que subliñar que Francisca vía cousas preciosas na natureza, e loaba e suspiraba por todo iso nas cidades; facíanos lembrar cousas tan sinxelas como o olor do aire limpo, o leite fresco e a baluga, hoxe esquecida, os resto que quedaba nas potas cando cocían a manteiga fresca; falaba do respecto aos animais, a elaboración do pan desde a sementeira do trigo. Tamén se paraba no que sentían os demais, como seu irmán Pedro que, vivía fora de Galiza e cando volvía por uns días, enchíase de alegría mirando os carballos "dun verde especial".

Fala Francisca da feira da Viña, (perdoen o inciso, a emoción cando lle lin, porque meu pai era tamén de Paderne e unha vez levounos á feira da Viña), alí podías mercar xabrón de lavar a roupa, fíos, fabas, e moita variedade de produtos da horta. Explica tamén que a sesta era obrigatoria no verán, pero nom podía facerse no inverno porque había que aproveitar a luz do día.

Recorda a terríbel tuberculose, os baños do verán mandados polos médicos para evitar Deixounos Francisca, mai de moitos, aboa de todosenfermidades, a Romaría de San Cosme e decenas de temas máis en pequenos artigos publicados na prensa.

Neste ano aínda publicou o "Reirrei" para ensinarnos o coidado do noso país, sen lixo, sen fume e sen tanto eucalipto; foi no chedeiro do tractor, xa non podía andar, ver o tesouro da fonte e no murmurio da auga parolaron: a fonte: "Ola, e mito tardaches. Francisca: -Namais unha vida enteira". Tamén tivo tempo de darlles ás autoridades unha xostregadas, sempre con respecto, que utilizan os xeriátricos como tratantes de vellos.

Mais admiramos as súas "Lembranzas dunha Vida" que lle editaron nun libro: aparece a colleita do mel; o día da Inmaculada Concepción coa coroa, que lle ofreceron, alí está; a lembranzas do enterro de Merceditas sendo nova; os curas que cobraban ben nos enterros; o frío do inverno e a ledicia da primavera, e sobre todo, as festas.

Lembramos a súa vida de animación na parroquia de San Xoán de Filgueira, na Asociación de Veciños; onde ela estaba había animación e era a alegría da vida. Benia a ti Francisca. Recollemos agradecidos a túa encomenda para cando fora o seu pasamento, dinos:
SÓ DESEXO QUE, CANDO NON ESTEA, ME RECORDEDES CUN SORRISO.

Rosa Cal e Anxo F. Currás
Ferreiro Currás, Anxo
Ferreiro Currás, Anxo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES