Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Darío

lunes, 06 de diciembre de 2021
Desde hai vinte meses, por causa da gran plaga ou por calquera outra igualmente letal, estamos perdendo seres queridos que nos deixan en situación de desamparo permanente. O último, Darío Xohán Cabana, un dos máis fructíferos, intelixentes e xeniais poetas e narradores do país.

Primeiro foi excelso poeta, para logo consagrarse na prosa. E se en poesía premiárono co Martín Codax, Ciudad de Ourense, ou Celso Emilio Ferreiro, en narrativa foron o Xerais, Barco de Vapor ouCiudad de Lugo, e en tradución o Lois Tobío, o da Asociación de Escritores, e a Medalla de Ouro de Florencia pola tradución do Cancioneiro de Petrarca e a Divina Comedia de Dante.

Da escola de Alonso Montero, devoto de Manuel María e Méndez Ferrín, sen esquecer a Álvarez Blázquez, era perfecto coñecedor da literatura galega de tódolos tempos.

E por xenial podía permitirse cousas brillantes aparentemente triviais, e publicou dia a dia durante 34 anos cadanseu crucigrama galego na Voz, ou no vello xornal municipal "Praza Maior", as Coplas do Cego de Albeiros.

Quede aquí como oración e pranto este anaco de "A Fraga amurallada", que nos retrata a todos os que de fóra viñemos a Lugo:

Nacéramos no val ou no alto monte
onde o vento nas árbores cantaba
e o reiseñor das albas pregoaba
a gloria do regueiro e máis da fonte.

Amabamos o fúlxido horizonte,
a fraga mesta que o poeta gaba
e as pradelas en flor e a terra brava,
montesía e xangal morada de onte.

Mais un dia viñemos e arraigamos
nos arrabaldos novos, oh cidade!
e pisámosche as rúas empedradas,
e agora somos teus e ben te amamos,
e ás vegadas tamén temos saudade
das terras atrás nosa abandoadas.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES