Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De mal en peor

lunes, 06 de diciembre de 2021
De mal en peor Non quero caer pesado nin insultar a ninguén, pero creo que somos bastante mongólicos. Vai para dous anos que andamos a voltas coa pandemia da Covid-19 e seguimos dálle que dálle cos contaxios, porque facemos e desfacemos ó noso antollo. Tamén porque xa nos acostumamos a vivir co virus e "pasamos" xa olimpicamente del. Algo moi semellante ó que nos pasa coa corrupción política; que a temos á orde do día e xa non nos preocupa. Como nos estamos acostumando ó ditado dos bancos e das caixas de aforros; que, a maiores de xogar cos nosos cartos, empezan a poñer horarios para calquera asunto que queiras tratar con eles. Por exemplo, agora, en algúns, para sacar cartos, tes que facelo antes das once da mañá. Outros, para pagar certos recibos, pois ata as dez e media. Non tardarán en obrigar ou anunciar que entres ás súas oficinas co pé esquerdo. E se es un coxo... a tomar por aquel sitio!

Mentres tanto, o Goberno do outro lado do Padornelo e este Goberno noso seguen de brazos cruzados neses asuntos. Se se sabe que a mellor solución para vencer ó bicho ese é a vacinación, non entendo por que non obrigan. Por que uns países si o farán e nós non? En que somos especiais? Por certo, a eses negacionistas que se poñen como unha brasa, que se lles pode dicir agora cando se sabe que un bo tanto por cento deles si empezan a vacinarse para poder obter o certificado co que poderán entrar a bares, cafetarías e restaurantes? Deica agora negábanse porque tiñan medo a que os envelenaran. Agora xa non o teñen. Vese que, para eles, é máis interesante o licor que a vacina.

Tampouco entendo por que os Gobernos deixan que a Banca e as grandes empresas fagan e desfagan ó seu capricho. O dos bancos xa é de escándalo e aquí ninguén protesta. E sobre o das grandes empresas case entendo que miren para outro lado, pois ó día de mañá eses politiqueiros acabarán instalándose nelas, como elefantes que se retiran a esperar os seus derradeiros días.

Odio a violencia, odio a pena de morte, odio o terrorismo, odio as guerras, pero hai veces ou situacións nas que case desexaría coller un fouciño e facer todo iso que odio. Díxose sempre: a base de paus, apréndese. Necesitamos moitos paus. Porque isto vai de mal en peor.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES