Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 02 de diciembre de 2021
O Bandullo cheo de palabras
Teño o bandullo cheo de palabras que caeron de certos (ou de varios) recordos. Porque hai recordos ós que lles sobran palabras, mesmo ós que non queremos que lles sobren. Como tamén os hai ós que lles faltan algunhas. Pero estes agora non proceden. Porque os recordos foron xa o que foron e non hai volta de folla.
Pingas de Orballo Comerse palabras tampouco é raro. Comémolas sen darnos conta e comémolas deliberadamente. Hai palabras que teñen sabor a nata e a licor, sabor doce e amargo. As palabras con sabor doce érguennos a moral e a estima, a consideración, o cariño. As de sabor amargo fannos devolver, vomitar. Eu, hoxe, teño o bandullo cheo coas de todos os ricos sabores, incluso algunha que outra que amarga, pero que case non se nota grazas á forte mestura dos outros sabores.
Cando atopo algunha palabra aceda, con disimulo, tamén a remoio, tamén a mastigo, para lembrar, así mesmo, aquel caldo acedo que, de cando en vez, había que comer igual. Porque non se podía tirar. E non morrín. Tampouco as palabras podres matan. Poden mancar e apestar, pero non matan. Son peores aquelas que van de xenuínas, de auténticas, de sibaritas, pero que máis cedo ou máis tarde revólvenche o estómago. Menos mal que o meu bandullo sempre aguantou o que lle metín. O día que non quixo aguantar máis cortáronlle un cacho e aquí sigo, comendo e tragando palabras de orballo, palabras de amor, palabras de esperanza, palabras barrentas, mesmo palabras falsas. Porque os recordos, todos os recordos teñen algo de todo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES