Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Droga e violencia de xénero

lunes, 11 de agosto de 2008
Os medios vimos seguindo sen querer consignas de poderes institucionalizados ou fácticos, de xeito que en determinado momento todas as informacións camiñan nun ou noutro sentido. Máis en tempo coma este, de verán, con sequía informativa en determinados ambientes ou esferas da actividade, que se ven substituídos polas habituais serpes, pequenos monstruíños de lagoas que imitan ó Lago Ness na creación de información.

Pero independentemente da maior ou menor afluencia informativa, hai dous temas que teñen especial relevancia.

Un deles, o dos alixos de droga, no que se incautan milleiros de kilos de sustancias estupefacientes, cantidades importantes de diñeiro, e xa non se fala dos teléfonos móbiles aprehendidos que deso agora temos todos, pero ningunha referencia remata sen indicar a cantidade de euros que esa droga, convenientemente transformada, chegaría a valer no negro mercado de sustancias prohibidas, cantidades mil millonarias que -quéirase ou non- deixan como un trasfondo do que hai detrás, do diñeiro que produce, sen a conseguinte reflexión moral en relación co xeito de obter esas cantidades inconcebibles froito das traxedias e da dor.

Outro dos temas é o da violencia machista, no que cada suceso relativo a este tema abre os informativos televisivos e radiofónicos – bastante máis que as edicións impresas- seguido sempre do número de mulleres mortas en España no presente ano, e a súa relación numérica coas do pasado ano e anos anteriores por estas mesmas datas.

¿Quen dispón esa estructura informativa? ¿Quen supón que eso é aleccionador e non provocador? ¿Que especialistas en comunicación dispoñen a repetición ata o absurdo destas mensaxes de impacto que dubidamos moito produzan efectos balsámicos nunha sociedade en tensión por estes e moitos outros temas.

¿A que xogan os titulares de medios que dependen das administracións? E, sobre todo, ¿Quen está a xogar con estes temas, e con que fins?.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES