Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O mundo poscovid

viernes, 19 de noviembre de 2021
Filósofos de máis de seis países, entre os que figuran profesores de Estados Unidos, Xapón, Francia, Italia, Portugal e España, reúnense a partir do xoves na Facultade de Filosofía da USC co reto de "Pensar o mundo despois da Pandemia". Será no marco dos XVI Encontros Internacionais de Filosofía no Camiño de Santiago, congreso internacional que se celebra desde 1993 con carácter bienal.

Terán que poñerse de acordo esta selecta nómina de pensadores se podemos falar da pandemia en pasado ou se, máis ben, haberá que aprender a vivir con este virus e as súas mutacións, o mesmo que convivimos desde fai centos de anos con outros virus.

É tamén seguro que a reflexión versará sobre as principais consecuencias que carrexou a pandemia, tanto no plano individual como colectivo. Os efectos foron tan devastadores en todos os ámbitos (sanitario, psicolóxico, económico, social, filosófico, político) que haberá un antes e un despois da COVID-19.

A pandemia fíxonos conscientes da fraxilidade do ser humano, especialmente daquelas persoas máis vulnerables como anciáns e enfermos. Puxo límites á vida social e ás relacións interpersoais. E deu lugar a unha fonda crise no modelo de sociedade e mesmo na construción da propia identidade, cuestionando quen somos, o sentido da nosa existencia e a relación coa natureza para lograr un mundo sostible.

O medo, a desinformación, a propaganda política, a limitación das liberdades, os bulos, a desconfianza cara ao outro, foron outros dos efectos nocivos. É obrigado pensar o futuro para que esta dura experiencia que vivimos nos faga máis fortes e axude a xeneralizar solucións globais contra males que son tamén globais.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES