Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para alcanzar metas

lunes, 15 de noviembre de 2021
Para alcanzar metas A primeira noticia, a verdade é que chamaba a atención. Unha xogadora suplente do Paris Saint Germain (PSG) seica contratara a dous matóns para lesionar á que xogaba de titular. Ou sexa que, se non vai polas boas, vai polas malas. Hoxe parece ser que está xa en liberdade con cargos. Non sei, pero ás veces chega un a pensar que si poden acontecer estas cousas. Todos sabemos que o ser humano fai e desfai para ter certo protagonismo, para alcanzar aquelas metas que nos están practicamente vedadas. E todo porque non queremos ser menos que ninguén.

Para alcanzar tamén certas metas non se quedan atrás os medios de comunicación (os periódicos para subir en lectores, as televisións para rebentar as audiencias e as radios para acumular oíntes) e así, de cando en vez, lanzan novas a vulto, sen contrastar ou cotexar certos datos. Como foi o pregoado caso dun tal Manel Monteagudo, que se lle deu por dicir que estivera 35 anos en coma e que tumba que dálle. Os medios, claro, botáronse a alma ó lombo porque, a noticia, en verdade, se fora certa, pois si impresionaba un pouco. Pero resulta que a noticia era falsa. Como dicía aquel: primeiro dispara e despois pregunta. Ou sexa, primeiro publica e despois desmentimos.

Para alcanzar metasComo falsa é a nosa xustiza. Cando realmente deberiamos estar todos baixo a súa tutela, cando debería ser máis imparcial que ningunha outra cousa, resulta que non hai un día no que non se descubra que está máis que politizada, que ela mesma depende do que diten uns políticos que, por certo, nunca son xustos. Está de tal maneira politizada que para nomear o outro día a catro maxistrados do Tribunal Constitucional seica houbo o demo e a mona; ou sexa, que se armou o belén. O que significa que, os xuíces, van coas súas ideoloxías (unha cousa é telas e outra moi distinta ir; no caso dunha persoa que tiña que ser á forza imparcial), polo que, á hora de ditar sentenza, pensarán primeiro en quen prexudicarán, non vai ser o demo que...

Para alcanzar metas son moi bos os empresarios galegos, que lle dixeron ó noso monarca "vente para acá a botarnos unha man". E Felipe VI veu, e detrás del ou á beira del (segundo as fotos que asomaron nos xornais) hai que recoñecer que hai empresarios a darlle cun sacho. Nunca vin unha comitiva tan grande. A ver se nos poñemos ricos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES