Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Defuntos

lunes, 08 de noviembre de 2021
Gosto despedir de xeito persoal aos que se van, lembrando virtudes humanas de quen o merece, coidando que á despedida relixiosa pode unirse outra de parente ou amigo, que complete o adeus ao viaxeiro a un futuro mellor. E hai uns días gustoume na guitiricense igrexa do Buriz a despedida de Isolina, da miña familia adquirida, coa que tiña relación desde hai medio século.

O párroco falou familiarmente de Isolina, lembrando súa nai, Josefa, e súa avoa, Carmina. Segundo Pérez sabe moi ben como despedir a unha feligresa, non por ser un intelectual de primeira orde, ter sido Dean da Catedral de Santiago, e seguir sendo un imprescindible da atención aos peregrinos a Compostela, senón porque naceu na mesma parroquia, e cada feligrés que enterra é un dos seus. Escoitar ao crego no funeral de Isolina lembrar a súa avoa, muller relixiosa da que dixo ter aprendido cousas fundamentais que despois nunca veu nos libros, era engaiolante... como o era oílo lembrar que cando ían buscar o gado da parroquia para a casa, tan lonxe que lles daba tempo de rezar un rosario polo camiño, o futuro crego aprendía verdades da vida e da fe que non esquecería nunca.

Nunca soñou Isolina unha despedida así na súa igrexa, nin ser lembrada aquí para avogar porque nas celebracións relixiosas se incorpore o toque de xustiza post mortem que toda persoa merece. Reivindico sempre a cercanía e, de xeito especial, na despedida, polo que se vai e polos que quedan. E que os presentes se poidan unir ao sentir da familia faime lembrar versos de Cabanillas:

"A unión de todos os bos
é lei de tan alto alento
que pra estar no Sacramento
ata a ten que cumprir Dios".
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES