Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 09 de noviembre de 2021
Cruce de miradas

Aquilino Salitre Graña non é que se estresase moitas veces, pero cando o facía, facíao tan a conciencia que se puña realmente malo. Non obstante, tiña tres formas para tranquilizarse, para botar fóra iso que o corroía por dentro. Unha era subir a un outeiro e berrar; berrar tan forte que mesmo semellaba que esgazaba a gorxa. A Pingas de Orballosegunda forma era coller un sacho ou un fouciño e deixar a alma nun esforzo físico descomunal. E a terceira era coller o coche e facer quilómetros e quilómetros por estradas secundarias. Conducir relaxábao.
Como Aquilino Salitre hoxe estaba na cidade, non había outeiro ó que subir nin eido no que cavar ou poula na que rozar, polo que non lle quedou outra que coller o coche e botarse a circular. Foi ata máis alá dun cento de quilómetros do seu punto de partida. No regreso, é ó cruzar unha aldea, atopouse con esas bandas sonoras que semellan muros ou valados e que hai que cruzar, como moito, en segunda. Xusto cando chegaba a ese, tamén, paso de peóns facíao ó mesmo tempo outro coche que el coñecía moi ben. Era o coche dela. Ela era Ludivina Formoso Salerosa, a muller pola que suspiraba nas noites de silencio e nos días eternos; pola que suspiraba sempre; e pola que devecía en todos os segundos do seu tempo. Como cruzaron os dous tan amodiño, miráronse dous segundos tan só. Pero sobre eses dous segundos poderíase rodar perfectamente toda unha película. Porque foi un cruce de miradas intenso, romántico, preñado de desexo, curtiño pero eterno. A Aquilino Salitre Graña esfumóuselle de súpeto todo o estrés.

Santos e Aniversarios

Acabo de ler o libro "Volver a onde", de Antonio Muñoz Molina, no que fala do espertar do confinamento e ó mesmo tempo lembra a súa infancia campesiña. Tal infancia vin que fora moi semellante á miña. Lóxico, tan só é tres anos maior ca min. Claro que, el, por suposto, cóntaa moito mellor que este paspán que escribe (este bastante fai con deixar cuspir tinta). Lembrar que Muñoz Molina é un dos grandes observadores e narradores que hai hoxe no noso país.
Pingas de Orballo Nas primeiras páxinas xa tiven que anotar nas miñas notas particulares algo que sempre quixen explicar: "era o día do Santo cando se daban agasallos, non no aniversario". Efectivamente, na miña infancia non se celebraban os aniversarios. Cumprías tantos anos, e acabouse. Mentres que os Santos estabas esperando por eles como auga de maio. Claro que despois celebrar case só se celebraban os dous grandes: Xosé e Manolo. O que se chamase Antonio, Xoán ou Evaristo, por exemplo, e aínda que non fose con moito a bombo, tamén o celebraban moito mellor que o aniversario. Este empezou a ganar terreo desde as grandes cidades, e de tal maneira que, hoxe, xa conquistaron a vida de cada un.
A Muñoz Molina, no seu Santo, un ano o seu pai agasallouno cun reloxo. O primeiro que tiven eu creo que foi na mili ou cando empecei a traballar, pasados xa os 20 anos, e porque o puiden pagar. Naqueles anos era un obxecto de luxo. Non o tendo, rexíame, guiábame polo reloxo da igrexa de Baños de Molgas, que se escoitaba perfectamente a uns cinco quilómetros á redonda.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES