Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 05 de noviembre de 2021
A rima dun tempo que foi
Robustiano Tizón Tazón, O TT, mirouna intensa e profundamente ós ollos. Tan intensa e profundamente que non atinou a dicirlle nada, aínda que ela, Lucrecia Salud Comporta, soubo lerlle todo. Incluso sen mirarlle ós ollos, pois a cara de tomate de TT era como un libro aberto. Os dous levaban un bo cacho xuntos, sentados, pero sen pronunciar palabra; el porque non se atrevía e ela porque non quería romper o feitizo, Pingas de Orballoo meigallo. Gustáballe estar con el aínda que fose en silencio.
Robustiano, cando quería ir máis alá dunha profunda mirada, ela axiña lle paraba os pés. Lucrecia faláballe moi filosoficamente sobre certos principios que quería respectar. El deixaba escapar un leve xesto de contrariedade ou un pequeno sorriso doente e alentábaa a que os rompese. Todo se rompe. Os principios, as promesas, os segredos, as normas, as verdades... están para romperse. Pero Lucrecia seguía recta polos sucos da súa conciencia e polos carreiros das súas crenzas.
Non obstante, nun certo momento, tocáronse as mans nun pequeno despiste. El non separou a súa. Ela sabía que lle predicaba cos principios, pero tamén deixou a súa quieta. Miráronse de novo ós ollos, intensa e profundamente, e nuns segundos esquecéronse da covardía del e dos principios dela. A partir de aí foi como se o mundo dese voltas e máis voltas, no que Robustiano Tizón Tazón rotou con el e Lucrecia Salud Comporta bailou sobre o celme da filosofía dos seus principios.

Quedar Absorto
Quedei absorto contemplando o ceo. Había nubes. Nubes medio grises, medio negras e mesmo medio brancas. Máis alá delas non había nada. Ó mellor era porque non sabía mirar máis. Seguro que algo máis haberá. Tamén é verdade que non me apetece moito perforar, rachar as nubes para saber o que hai. Así podo imaxinar eu o Pingas de Orballoque me dea a gana. Imaxinación creo que non me falta. Tampouco me sobra, todo hai que dicilo.
E mira que é bonito imaxinar. Aínda que algunhas veces me enrede ou me embrolle sempre no mesmo. Claro que se imaxinas sempre o mesmo será porque interesa, porque gusta, porque se desexa moito. Desexo involucrarme nuns sentimentos que van máis alá duns consellos, polo que uso a imaxinación e divírtome con eles, déitome con eles e soño con eles.
Quedei absorto de quedar eu mesmo absorto, pois unha cousa é pasmar e outra moi distinta e facer o abraio eterno. Non me quedou outra que moverme e negarme a contemplar por máis tempo as nubes, aínda que, iso si, deixei que a imaxinación seguise voando; como cando intentas traspasar ou descubrir ou adiviñar a figura que está detrás dun cristal medio escuro ou dunha cortina branca. Imaxinei que, aínda que non volvese mirar para as nubes, máis alá estaría ese universo sen fin: azul, brillante, silencioso, nostálxico, eterno, inmenso, fermoso, duro... Seguín andando para intentar calmar estes esperpentos, estas extravagancias que me asoman na cabeza.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES