Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡As vellas festas da aldea!

lunes, 04 de agosto de 2008
Que os nosos labregos e moitos de nós non nos resignamos a deixalas esmorecer, desaparecer e/ou mesmo morrer. Que a abundancia de diñeiro comunitario, froito dos pinos, as minas e/ou as abundantes canteiras de pedra, nos coman o espírito e o senso común e empreguemos de mala maneira eses cartos que nos soan a regalados e doados de gañar. Cómpre volver ás raíces. Máis auténticas cás das globalizadas cidades/vilas encamiñadas cara un absorbente consumo. Agora tamén contaminadas e contaxiadas do espírito alleo globalizado e atemporal importado de fóra e que nada ten que ver coa nosa cultura ancestral e profunda.

No mes de agosto, non só volven á Terra os vellos emigrantes forzosos dos anos 50/60, cos seus fillos e netos, para ver e acompañar as súas familias senón que tamén os poucos nativos que quedan nas aldeas tratan de esquecer as súas doenzas de soidade e abandono que padecen. Volven revivir as vellas xuntanzas e lembranzas da nosa tradición popular nos seus bailes e cancións. ¡Un pequeno oasis nun amplo e xa engrandecido deserto!

¡Fannos moita falla lembrar e revivir estas nosas vellas e ricas vivencias!. Uns e unhas para revivir a esencia das raíces que mamaron de nenos e outros e outras para axudar a que non se perdan para sempre. Cómpre que o importado e novo xeito de organizar as festas na maioría das nosas cidades e vilas e nalgunhas aldeas (¡case sempre sen contar cos vellos e cos nenos!) non afogue a vitalidade das nosas sinxelas e antigas tradicións.

¡Benvidas as celebradas a pasada semana na provincia de Lugo! Subliñamos as de orixe celta de Lugnasad (Bretoña- A Pastoriza), as xa tradicionais de música e arte do XXIX Festival de Pardiñas (Guitiriz) e os vellos compoñentes do Grupo Milladoiro, por primeira vez na Montaña lucense (Pedrafita do Cebreiro). Tamén na veciña parroquia de Teixeira (O Caurel) o próximo día seis, se vai celebrar a festa do Bon Xesús (¡única en Galiza con ese nome e moi abondosa en Portugal!) con concursos de baile (xotas, muiñeiras, pasodobres) e xogos populares para maiores (a billarda, a corda) e para nenos. Este ano vainos acompañar o Grupo tradicional “Buxaina”, da Ulloa.

Aledámonos do labor divulgativo das institucións públicas (Xunta, Deputación e Concellos) que están a facer da nosa riqueza musical aínda que nos meses de verán estamos xa a padecer inflación e no inverno pasamos a unha preocupante escaseza cando máis o precisan os nosos solitarios labregos e labregas.

¡A ver se a experiencia deste ano serve para que nos próximos se note unha necesaria, mellorada, xusta e tamén equilibrada coordinación!

¡FELICES FESTAS DE AGOSTO PARA TODOS E PARA TODAS!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

As eleccións, no seu tempo: Cando algo se desaxusta, a sabiduría popular galega asígnalle a cualidade d...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información