Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Camiños a Baños de Molgas

miércoles, 27 de octubre de 2021
Din que todos os camiños levan a Roma. Anda!, e a Baños de Molgas. Vaias por onde vaias, entres por onde entres estás en Baños de Molgas. Se ves de Foncuberta, entras pola estrada de Pinouzos. De Maceda, pola estrada de Maceda a Allariz. Se pasas por Almoite, entras na vila molguesa pola Rabaxoá. Se ves da zona de Alvite, Brandín e Camiños a Baños de MolgasBetán, falo pola estrada de Salgueiros, que pasa pola Rabaxoá, claro. Ata se pode entrar pola zona da estación do ferrocarril se ves da ponte das Cepas ou do muíño do Dositeo. Se ves da parte do Viñal, de Ambía e de Nocelo, pois entras pola estrada de Allariz a Maceda. O mesmo que se ves da zona de Presqueira e o san Vitoiro. De Formigoso non fai falta moito camiño, que chega con cruzar a ponte da vía do tren ou cruzar a propia vía á altura das Pedrosas. De Francos, Froufe e Vide entras pola estrada que vai a Arnuide. E tamén podes baixar polo Penedo de Vide e as Pedradarcas. Dos Milagres, pois pola estrada dos Milagres.
Se queres chegar en helicóptero, podes aterrar na Chaira ou na Pitediña, que é onde aterra sempre o meu amigo alieníxena. E se queres entrar, con moito bombo ou como unha agra aberta, en paracaídas, podes botarte sen medo que seguro que caes sobre a piscina do parque Ansuíña. Ah, claro, por suposto, tamén podes chegar en tren, que temos unha fermosa estación. E en canoa polo río Arnoia, polo río de Tioira, polo río Sor e mesmo polo regato das Lamas e pola caldeira das Lagoas. Como se ve, todos os camiños tamén van a dar a Baños de Molgas.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES