Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comentarios de onte, hoxe e mañá

lunes, 04 de agosto de 2008
Contan e non paran que condenaron outra volta a Losantos por intromisión na honra ou danos morales do exdirector de ABC Zarzalejos. A anterior foi a seguido dunha querela do Rexidor madrileño máis ou menos pola misma cuestión.

A COPE ten, ó meu xuizo, o grande mérito de que é independente dos partidos políticos, penso que a única; ten colaboracións ilustres, moi destacadas, sobre todo en economía, no programa vespertino do Dr. Vidal. Ten este director, o Dr. Vidal, extraordinaria preparación e coñecemento, especialmente tanto en Historia como en Teoloxía como, non esquecer, no uso de linguas nacionais e extranxeiras.

E ten, como non, o antedito Sr. Jiménez Losantos que dirixe un programa de sete horas de duración, feito que ten un grande mérito porque el é o verdadeiro protagonista do seu programa.

Na miña opinión, este home que ven, fai moitos anos, da esquerda, entendo que mais extrema, hoxe é un dos “radiofonistas“ mais axuntados ó liberal conservadurismo. El dí que é liberal. Eu creo que non, porque o apaixoamento que dedica a cada tema que toca ou a cada personaxe do que fala, non se fai en tonos liberais senon en tonos moi acerbos, agres e, ó meu modo de ver, insultantes en ocasións.

Non só se é liberal no campo da economía. Tamén nas ideoloxias e no respeto ás persoas.

Eu acredito que as noticias que dá, son certas. Que non minte. Pero as críticas que fai e que son moitas con todo o que non lle gusta, chega un momento en que insulta ó persoal e os insultos, e as invectivas que dirixe a certa xente, non teñen xeito porque as cousas entendo eu, pódense decir, sinalando os feitos denunciados pero non referirse a xogos malabares cos apelidos da xente que nada ten que ver coas ideas ou expresión do suxeto que puido ser obxeto de crítica ou descalificación.

Agora mesmo, a xente -“os comentaristas da Cope”- están decindo, alguns deles, ó meu modo de ver, cousas a favor de Losantos que non teñen pes nin cabeza.

Xa dixen o que opinaba da COPE pero non por eso deixo de pensar que moitos dos comentaristas políticos, se calaran moitas cousas que din, farianlle un gran favor. É moi bonito falar de liberdade de expresión, de democracia, de estado de dereito, invocandoos contra a sentencia judicial cando nesta emisora se criticou habitualmente a totalidade destes conceptos.

A un señor xuiz fai anos, sacrificarono outros xuices ós que agora Estrasburgo tachou de parciais e no fondo de delincuentes. Veremos a ver que dí este Tribunal destas dúas sentencias referentes a Losantos.

Pero eu sosterei sempre que liberdade de expresión, liberdade de opinión e liberdade ideolóxica son liberdades intanxibles. Pero tamén que ningunha desas liberdades da dereito a insultar, menospreciar ou facer mofa ou befa de ningunha persoa.

e II.

Escrito o que antecede, quédome atónito diante das declaraciós do Sr. Losantos, respecto á sentencia do 29 de Xulio de 2008, que teño diante.

E antes de referirme ás declaraciós do devandito Sr. Losantos, quero facer un comentario formal e xocundo dalgun párrafo da sentencia.

Comenza decindo -debe ser cousa da igualdade- que o Sr. Losantos está “asistida” por Letrado pero no fundamento de dereito octavo, falando da honra do demandante, por dúas voltas repite a sentencia referíndose ó segundo apelido do demandado “Losantos” chamanlle D. Federico Jiménez “Lozanitos”.

A min, este erro lémbrame moito aquel tan sonado do B.O.E. cando publicou o Regulamento do Consello Xeral do Poder Xudicial que decia literalmente “Reglamento del Conejo General del Joder Judicial”. Todos os erros teñen amaño.

As declaraciós do señor Losantos, as lidas e escoitadas na prensa e na radio, no meu caletre, abondan de aquelo que se chamaba soberbia que ó mellor non é senón seguridade, certeza, convicción nas propias posibilidades, fé na xustiza e na conducta propia.

Xa me dixo nunha ocasión un alto dirixente vaticano cando eu lle comentaba algún conto co que non concordaba: “Rapaz, xa sabes que nós estamos sempre en posesión da verdade”. Non queda ben, pero decíamo de coña.

Cita a sentencia que o demandado lle chamou ó demandante, entre outros, 36 epítetos mais tres xogos de palabas co seu apelido.

A min algun dos epítetos lémbrame moito a aquel famoso “canciller”; e dicir, Ministro de Asuntos Exteriores do Goberno Cubano do Presidente Castro, apelidado Malmierca quen, se non apunto mal, soltoulle a alguns colegas entre o que naturalmente se atopaba o Ianqui: “Son ustedes o es usted, la concreción viscosa de todas las excrecencias humanas”

Decir con tal elegancia a un persoeiro que é unha merda, asemella ser mais “dixerible” que “detritus” ou “escobilla para los restos”

Non entro no mal que lle poidera facer, se llo fixo, o exdirector do ABC -Sr. Zarzalejos- á COPE ou ao propio Sr. Jiménez Losantos. E si foi certo, denúncialo e perseguilo legalmente para que o sancionen. Pero eu sigo terne: o insulto vulnera as normas elementais da educación, da convivencia e, ó meu xuizo, os principios básicos dunha persoa que se autonomea liberal.
Goás Chao, Domingo
Goás Chao, Domingo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD  
PORTALES  
SERVICIOS  
ENLACES  

RSS Válido

PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania