Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión pseudónimo

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

En pé de Himno

lunes, 04 de agosto de 2008
O Himno Galego recorreu camiño longo desde a súa prohibición de facto ata a entronización oficial, como peza de obrigada interpretación nos actos máis relevantes e para o remate de acontecementos políticos, culturais ou deportivos.

As frases poéticas de « Queixumes dos pinos » de Pondal, que resultaban en tempos ofensivas para oídos timoratos, quedaron reducidas ás primeiras estrofas por aquelo de que os que non comprendían ós galegos eran « iñorantes e féridos e duros, imbéciles e escuros », e esto para un himno dunha colectividade coma a nosa parecía impropio pola virulencia.

Pero o Himno está aí, e non froitificaron iniciativas coma a de oficializar como tal o « En pé », de Ramón Cabanillas, cantado por Juan Pardo, ollando «  a luz que cae darriba « , coa « limpa frente erguida ».

Impúxose a tradición, agora xa centenaria, que nos veu de Cuba, dos galegos na emigración, e enraizou facéndose maior coas prohibicións, manténdose nas transicións e sendo hoxe imprescindible nunha comunidade que ten historia e lenda, tradición e estructura, bandeira e escudo, e himno con letra para cantar e sentir.

Pero non sabemos o Himno. E se sabemos a primeira parte, non coñecemos a segunda. E se o tarareamos, non sabemos seguir a letra. Mesmo os membros do Bng, que se supón son os máis afervoados neste tema tiveron que repartir na Quintana o pasado Día de Galicia a letra impresa para que todos os militantes puidesen seguir a interpretación.

Agora que están tan de moda as campañas de todo tipo entre escolares e maiores, imponse unha campaña de divulgación do Himno Galego entre os galegos. Que todos saibamos o que di. Que todos, se queremos, poidamos cantalo. Imponse que as institucións se poñan « En pé de Himno ».

Xa que o temos, utilicémolo.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


Editorial

Liñas aéreas galegas: Agora que algunhas aerolíñas están en crise polo encarecemento do petróleo,...
BUSCADOR


AGENDA
Agenda de Galicia Digital
PUBLICIDAD
  • Agenda de actos.
  • Teléfonos de interés.
  • Crea tu agenda.
PATROCINIO
Diputación de Lugo
Diputación de Ourense
PUBLICIDAD
WEBS DE GALICIA
Promoción Webs
FOTOGRAFÍA
Certame Muralla
PUBLICIDAD
Deputación de Lugo
PUBLICIDAD
Rueda Rueda
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones
Publicaciones
Ranking Alexa
ALEXA
Para navegar más eficazmente:
Alexa
más información