Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 26 de octubre de 2021
Este azul que me arrodea
Lancei a ollada cara ós confíns do universo e tan só vin azul. Todo era e é azul. Creo que estou perdido. Non hai nada ó meu arredor. Floto polo cosmos e sen traxe de astronauta. Manda truco en Baños de Molgas! Non obstante, non afogo, non sinto angustia, respiro ben e, iso si, un non sei que transpórtame a velocidades astronómicas. Menos mal que non hai nada que ver, xa que a esas velocidades non conseguiría ver moito. Non hai nada que ver porque nada hai; só unha inmensidade azul. Sigo só polo Pingas de Orballouniverso adiante. Creo que paso dunha galaxia a outra, pero non o sabería dicir. Aquí non distingo as fronteiras. Ó mellor é porque aquí non hai fronteiras. Se isto fora verdade non me importaría seguir voando polo espazo sen fin. Creo que se vive moito mellor sen fronteiras. Vaiche boa! Moito mellor.
É igual. Sigo só. Por un mundo sen fin. Que carallo, é bonito. Ás veces, andar só é bonito. Ando só cos meus pensamentos e sentimentos e problemas e esperanzas e ilusións e ninguén lle me pon peros ós meus soños nin ós meus dicires. Si, definitivamente, non me importaría convivir moito tempo con este azul que me arrodea, con este azul eterno. E oxalá non atope nin cometas nin satélites nin planetas para aterrar. Claro que... a ver quen aterra con esta velocidade que levo. Non o quero nin pensar. Seguro que me desfago de tal maneira que nin o ADN me atoparán. Flotar é bonito. Aínda que sexa a gran velocidade. Os soños tamén flotan. Por iso son tan bonitos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES