Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Robots coidadores (como complemento)

miércoles, 27 de octubre de 2021
A semana pasada estiven vendo como un robot era utilizado para os coidados de persoas maiores. Asuntos como a medicación, o aviso de incidencias ou a xestión de horarios poden ser descargados no robot co correspondente alivio dos profesionais.

O anteriormente dito pode ser visto como unha ferramenta de dobre fío: se facilita e simplifica a labor do TAPSD é unha axuda que incluso pode contribuír a alivialo psicoloxicamente e incluso pode contribuír a reducir o estrés. Do outro lado do fío podemos ter a suplencia pero coido que neste sector teno moi difícil (por moito que se diga que teñan emocións, as emocións non se poden programar). O terceiro sector precisa carne e óso. Precisa tacto, proximidade e comprensión. Precisa convivir. Rir e chorar. Verbas amigas que alivien a dor. Verba súpetas que fagan brillar ollos pícaros. Bocas que lembren os contos contados. Xogadores que buscan manter memoria. Gorxas que canten e un etcétera de emocións que dubido que se poidan encarnar nun robot.

Agora ben, se o robot serve para optimizar o traballo profesional aliviando a súa presión e forxando un ambiente máis relaxado, benvido sexa.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES