Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Catacumbas

lunes, 18 de octubre de 2021
Boa experiencia este San Froilán extraño no que tentamos romper moldes que se nos resisten sabendo que, se somos quen de disfrutar honrando ao patrón, aínda temos esperanza.

Case foi un San Froilán normal. Os bares abarrotados: os valentes, no exterior; os conservadores coma min, no confortable interior. Pero o maior continxente humano, coma nos mellores tempos, estaba nas imprescindibles barracas, agradecendo á alcaldesa Méndez que rebasase acordos para que as barracas se montasen, evitando o desánimo xeral, porque sin elas non hai festas. O polbo resiste porque abunda en toda a cidade, e senta ben esa liberdade na que cadaquén organiza onde quere un xantar familiar ou de empresa.

E inmersos no clima de resistencia cultural, nas festas ou fora delas, de actividades forzadamente minioritarias, deume por pensar que hai un certo paralelismo entre o movemento cultural resistente destes tempos escuros coas xuntanzas dos primeiros cristiáns nas catacumbas, nas que o exterior se confabulaba contra a nova relixión que abrollaba, pero os proscritos sabían que a razón estaba da súa parte. Algo así pasa agora: Pode non ser bo momento para a cultura, que as festas parezan ocasións de perigo, e que os medos vaian por diante da realidade que parece mellorar a ollos vistas pero hai unha decisión colectiva de camiñar cara á normalidade, loitando nas catacumbas para que o exterior mellore.

Ano e medio de represión exterior e interior ten un gran poder opresivo, pero explosión festeira como a que vimos de vivir proba que as catacumbas nas que nos pechamos teñen os días contados, e a liberdade agarda por nós aí fora.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES