Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que volva o fútbol de antes!

lunes, 18 de octubre de 2021
Eu son moi amigo do bar, dos bares. E tamén era moi amigo do VAR.

Era. Creo que fun dos primeiros en declarar a miña defensa do VAR futbolístico; en primeiro lugar, polos goles fantasma e, en segundo lugar, polos equipos modestos. Ou viceversa; é igual. O caso é que agora vexo que non foi a solución nin para uns nin para Que volva o fútbol de antes!outros. Creo que son deses milleiros de afeccionados (é máis, penso que a maioría) que nos sentimos decepcionados e estafados polo VAR. Porque este tamén comete erros. E se antes cometía erros un só (o árbitro) e agora o cometen catro (o árbitro e os tres que creo que se poñen ante os ordenadores), pois case é mellor volver ó de antes, ou sexa, á normalidade.

Porque tamén creo que a gran desvantaxe do VAR, máis incluso que á dos propios erros arbitrais, é o tempo que se perde nun partido de fútbol e tamén o roubo da ilusión do afeccionado. Ó falar do roubo da ilusión refírome a esa alegría de cando o teu equipo marca un gol. Díxose sempre que a salsa do fútbol está no gol. Pero é que agora non podes berrar gol! Mesmo cando se ve que se marcou legalmente... porque pode aparecer o VAR e dicir que "nunha xogada anterior houbo falta ou houbo unha man ou houbo calquera outra cousa rara".

Eu, sinceramente, nunca volvín berrar como berraba antes. En tal caso deixo asomar un sorriso ou aperto os puños coa emoción; pero espero, agardo, non vaia ser que... O VAR quitoulle toda a emoción a esa salsa.

Opino que de seguir co VAR sexa tan só para o que dicía ó principio: os goles fantasma. Porque xa son goles e é unha carallada que non cho concedan. Pero polo demais, estamos exactamente igual que antes con respecto ós erros e con respecto ás axudas "ós grandes", aínda que, iso si, agora os partidos fanse eternos, non acaban nunca! Ata penso que botamos de menos aquelas discusións e berros e case liortas que mantiñamos nos bares polos erros arbitrais. Agora aínda que queiras discutir ou berrar, non podes; porque aparece o VAR e di que é así e xa non hai volta de folla.

Mesmo sabendo que este cometeu un erro, a xente xa non discute porque lles falta a presenza física deses tres que controlan as xogadas. Nós berrámoslle ó suxeito, ó árbitro; pero como non cometeu el o erro non nos volvemos contra os que non vemos.

Remato: persoalmente, eu quero que volva o fútbol, non esta feira que nunca sabes cando acabará.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES