Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 14 de octubre de 2021
Perdido polo deserto
Definitivamente, non regulo ben. Quero contemplar as augas do río Arnoia ó seu paso por Baños de Molgas e resulta que ando perdido polo deserto. Creo que é o do Sáhara. Que se me perdeu a min no deserto! Se hai un sol que aplana! Son as seis e cuarto da tarde e o sol abrasa de tal maneira que se pillo os ovos dunha avestruz fago Pingas de Orballounha tortilla de campionato. Hai avestruces no deserto? Nese deserto ou nun deserto calquera?
Como teño que saír dese inferno, póñome ó camiño. A un camiño que non é tal. Simplemente tiro para adiante. A algún lugar chegarei, digo eu. E dáme igual que sexa Mauritania coma Suráfrica. Para matar a sede imaxino que goldro o río Arnoia á altura da Pitediña. Tamén se me dá por pensar que a auga da burga de Baños de Molgas, aínda que saia quente, cortarame a sede. Pois de todos é sabido xa que é unha auga milagreira.
Ós dous ou tres quilómetros atopeime cun oasis e cando deixaba escapar un enorme sorriso vin que realmente era a selva amazónica. Non teño remedio. O meu entendemento mestura ansias con remansos, desexos con apatías, areas con pingas de orballo e silencios con ruídos. A ver se é que eu non sei pensar ben. Ó mellor teño que pousar a conciencia sobre a almofada dos soños. Ou ó revés, as fantasías sobre a intelixencia real. Haberá intelixencia ficticia? Aniñará en algún valado? Durmirá no campanario da igrexa do san Salvador? Sigo andando polo deserto á caza dos crocodilos amazónicos. O mundo é raro. A miña vida é estraña.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES