Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Moita introspección

jueves, 14 de octubre de 2021
Noutros tempos, moitas persoa aillábanse do mundanal ruido para levar unha vida retirada onde poder reflexionar sobre a súas conciencias, as súas emocións, os seus pensamentos...

E non se trataba de persoas raras ou solitarias, tratábase de persoas que vivían a vida desde outro ángulo e que deixaron un bo legado á humanidade.

Así temos:
-Lao Tsé que vivíu nos séculos VI-V antes de Cristo.
-Prisciliano que vivíu no século IV.
-Francisco de Asís que vivíu dacabalo dos séculos XII-XIII.
-Emily Dickinson do século XIX.
E outros moitos.
Estes destacan moito; pero ó longo da historia houbo e hai moitas persoas que optan pola vida retirada.
Pero non é así no caso da maioría.
A maioría, os cidadáns de a pé levamos unha vida moi acelerada.
Corremos moito e non sempre sabemos a onde imos nin a onde queremos chegar.
A veces vivimos para traballar, para consumir, para divertirnos, para ter cada día máis bens materiais e pouco máis.
E cando nos chegue a hora de marchar, que chegará moito antes do que nos imaxinamos...
¿Que levamos?
¿Qué fixemos?
¿Qué deixamos?
¿Qué aportamos á humanidade?

LEVAR, LEVAMOS:
-O ben que fixeramos.
-Os bos recordos que deixamos nas persoas.
-As boas obras que fixemos.
-As satisfaccións do deber feito con amor.
-O amor que demos.
-O que nos entregamos polos demais e polas causas xustas.
-O que deixamos disfrutado sa e santamente...

FACER, FIXEMOS:
-Moitas cousas, unhas mellor e outras peor; pero as que máis nos enriqueceron foron as obras de miseriocrdia, tanto as corparais como as espirituais.
O resto...

DEIXAR, DEXAMOS:
-Todo o que tivera valor enriquecedor desde o punto de vista espiritual, psicolóxico, ou corporal: as obras boas...
O resto...
Mellor que nos abstivéramos.

APORTAMOS Á HUMANIDADE:
-As palabras e as obras que produciron froitos de prosperidade, benestar e calided humana nos corazóns e nas mentes dos que dun xeito ou doutro contactaron con nós.
Os actos feitos, grandes ou pequenos, con moito amor son os que teñen valor; o resto vaidade de vaiedade, di a Sagrada Escritura e tén moita razón.

¿Qué nos dí todo esto?
A min dime que teño que facer moita introspección para ver:
-En que medida levarei algo para a outra vida.
-En quen medida deixarei entregado amor ás persoas que me rodearon.
-En que medida deixarei algunha pegada positiva no corazón das persoas que me recorden.
-Se o que fixen serviu para aportar unha pinga de feliciadade nos corazóns máis próximos.

Cada persoa ten que verse a sí mesma para descubrir cales son as oportunidades que lle dá a vida e se as emprega adecuadamente.
A veces pásannos as oportunidades por diante da porta e non as vemos porque vivimos entretidos en superficialidades.
A veces pensamos que unha oportunidade é un saldo ou unha oferta como os que fan os centros comerciais.
PERO AS VERDADEIRAS OPORTUNIDADES DA VIDA SON OUTRAS:
-Aproveitar un sabio consello dunha persoa de ben.
-Recibir unha educación en valores éticos e morais.
-Exercitar con entusiasmo os valores universais de convivencia na vida cotiá...
-Aprender a administrarse con rectitude.
-Etc.
¡Temos tanta riqueza no noso interior!
"A RIQUEZA DO SER HUMANO"
Este será o título d seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES