Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 13 de octubre de 2021
As Máquinas
As máquinas furgan na terra e sacan das súas entrañas, dos seus fondos as porcalladas que levamos dentro. Que, aínda que nos pese, son moitas, e noxentas e repugnantes. Como moito é o ruído que fan eses mastodontes e as molestias que causan pero que hai que aguantar. Eu, como sabedes, aguanto coma os heroes; porque Pingas de Orballoaguanto todo, a todos e con todo. Sempre fun un soberbio polas leiras da melancolía. Ó mellor era polas corredoiras da nostalxia ou da señardade. Máis ou menos é o mesmo.
As máquinas, e sen saber por que, quedan en silencio. E o silencio, neste caso, neste momento, é raro, faise raro. Faise raro despois de tanto ruído, de tanto estrondo. Quizais quedasen en silencio porque atoparon o que andaban buscando. Ou porque rebentaron as veas abertas dos sumidoiros noxentos. Hai sumidoiros que son coma fogares para os pobres de espírito e para moitos malnacidos.
Agora mesmo quero deixar de ser o heroe de todos para fumigar a conciencia duns poucos. Ou de moitos. Pois chegados a este punto, tería que facer un estudo filosófico, profundo e incluso longo sobre o proceder daqueles que se senten humanos pero sen saber vivir. Para saber vivir hai que ter o ego achumbado, sereno, calmo. E, despois, deixar que a vida pase. Que pase ante un espello no que se reflicte o latexo dun corazón perdido ou desbocado ou acelerado. Agora, a ver que heroe atopa ese latexo invisible.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES