Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 08 de octubre de 2021
A miña intelixencia
Custoume unha certa experiencia, ou sexa, anos, saber a que se debe o silencio. Á falta de ruído! O caso é que cando caín na conta quedei algo así coma pampo, coma un pasmón. A ver, non sempre consigo ver o que me poñen diante, nin consigo entender o que me explican de pe a pa, de punta a couce. A miña intelixencia sei que é raquítica, escuálida, pobre e que, cando ás veces chega, faino cun certo atraso, ou mellor aínda, con moita demora. Que queredes, non son o rei do mundo!
Pingas de OrballoDespois tamén entendín, claro, que cando hai ruído non pode haber silencio. Aínda que eu moitas veces penso que berro en silencio ou que sinto o silencio no ruído. Si, é algo rara a miña intelixencia. Se a teño, que tamén o dubido. O de berrar en silencio ó mellor é por influencia da película "Os gritos do silencio". Vai ti saber. Eu só sei que, principalmente polas noites, que é cando se entende que hai máis silencio, é cando máis berro. Berro polos vivos e polos mortos e polas almas do purgatorio. E cando berro sei que estou berrando, que non estou en silencio, porque me escoito a min mesmo. Que non son parvo, que ata aquí chega a miña intelixencia. Tamén a intelixencia me dá para saber que desde onde mellor se berra é desde os outeiros, desde as alturas, por exemplo, desde o alto dos Castros. Porque canto máis alto, o son máis se espalla, non si? Igual erro aquí. Xa digo que a miña intelixencia, por veces, ou mellor dito, moitas veces é curtiña e efémera. Que queredes, non dou para máis.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES