Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 05 de octubre de 2021
O bambán da felicidade
Sorrío ante o neno que se cruce no meu camiño con dirección a non sei onde. Sorrío ante a papuxiña, que me quere contar os dedos das mans e ante o coche vermello que pasa a velocidade normal. Procuro sorrir sempre, non quitando que, por veces, mate coa ollada. Sorrío ante un bolígrafo de diversas cores que vin entre unhas pedras e ante unha muller que pasa cun vestido verde. Sorrío ante a patrulla da garda civil e ante un afeccionado cando berra gol! Sorrío co sabor do café e baixo a influencia dunha canción de Bruce Springsteen. Intento sorrir sempre, non quitando que, ás veces, deixe ver ou deixe que asome a miña carra de ferreiro. Que tamén a teño.Pingas de Orballo
Incluso sorrío cando me perdo por algún bosque e cando estou a piques de afogarme nunha lagoa. No río Arnoia non afogo porque o goldro. Sorrío cando o conto ten un final feliz, pero tamén cando unha novela deixa a súa fin, o seu remate nun suspense incomprensible. Sorrío cando penso vivir en pecado nunha illa deserta e cando rezo polos pecadores de todo o universo. Trato de sorrir sempre, non quitando que, de cando en vez, amose a miña carraxe simplemente porque me dá a gana ou porque non me saen ben as contas. Sorrío ante os favores e as adversidades, ante os que están e non están, ante os que se deixan ver de Pascoas en flores ou de figos a béveras e incluso ante os que me matan a cabeza falando. Sorrío porque o sorrir dá vida e alegría. E sei que hai sorrisos eternos e inmensos. Que carallo, sempre penso que o sorriso é o bambán da felicidade.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES