Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paz e fraternidade

jueves, 30 de septiembre de 2021
Hai unha época do ano na que nos desvivimos desexando paz e fraternidade a tódals persoas do noso entorno.
Os Cristiáns tamén nos desexamos a paz nas celebracións litúrxicas; pero aínda así...
No mundo escasea a paz.
Nas familias escasea a paz.
Nos corazóns escasea a paz.

Se non hai paz no mundo, tampoco hai fraternidade.

Se nas familias non reina a paz, tampouco reina a fraternidade.

E se nos corazóns non hai paz...
Malamente

¿Por qué será?
Debe de ser porque a paz encóntrase con moitos atrancos, con atrancos de todo tipo:
ESCASEA A PAZ ENTRE PAÍSES POR INTERESES CREADOS: que se un tén petróleo, que se outro tén unha situación estratéxica, que se todos queren ser superiores...

ESCASEA A PAZ NAS FAMILIAS POR MÚLTIPLES MOTIVOS:
- Que se non se comparten as tarefas.
- Que se non se recoñece o valor do que fan os outros, especialmente as nais.
- Que se un ten un vicio que non é capaz de correxir.
- Que se cada membro tén gustos diferentes e non se respectan.
- Que se os fillos non saen como desexarían os proxenitores.
- Que se chegan queixas do colexio.
- Que se os cartos anda escasos...
E non digamos nada se os problema se derivan da falta de saúde.

PERO O PEOR DE TODO É A ESCASEZ DE PAZ NOS CORAZÓNS.
Se no corazón de cada un non reina a paz, derrúmbase todo o "edificio" social.
O esencial é que levemos paz abundante nos nosos corazóns.

Porque:
-Donde hai paz, non hai guerra.
-Donde hai paz, non hai disputas.
-Donde hai paz, non hai perturbación.
-Donde hai paz, todo tén amaño.
-Donde hai paz, todo se mira con bos ollos.
-Donde hai paz, non hai envexas.
-Donde hai paz, non hai celos.
-Donde hai paz, reina a boa fe...

DONDE HAI PAZ, HAI AMOR.
E DONDE HAI AMOR, HAI FATERNIDADE.

Pero a paz non se compra nin se vende, a paz non se fabrica.
Non hai fábricas de paz.
A PAZ NACE NAS ALMAS PURAS.

As almas puras tampouco se compran.
As almas puras son as que están en estado de gracia divina que Deus derrama nas persoas que queren cumprir a súa vontade.
¿CÓMO SABEMOS SE UNHA PERSOA QUERE CUMPRIR A VONTADE DIVINA?
A min paréceme que persoas de boa vontade son aquelas que actuán en conciencia.
Haber, hainas. Todos as coñecemos.
Non abundan tanto como sería de desexar; pero hai boísimas persoas que circulan polo camiño da vida entre nós.
Quizais non sexan persoas que destaquen porque, a pesar de que fan cousas maravillosas, non sempre lles damos o valor que se merecen.
Os humanos somos máis dados a censurar que a valorar o positivo dos outros.
Quizais deberíamos censurar menos ós outros e correxinos moito máis a nós mesmos.
Porque para que o mundo mellore, temos que empezar por mellorar cada persoa a sí mesma; porque os cambios veñen de dentro.

"OS CAMBIOS VEÑEN DE DENTRO".
Este será o título do seguinte artigo.
Quédolle moi agracecida por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES