Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Guitiriz na XLIII Semana de Cine de Lugo

lunes, 20 de septiembre de 2021
Guitiriz na XLIII Semana de Cine de Lugo Guitiriz ten na XLIII Semana de Cine de Lugo unha sección na que estará dous dos traballos audiovisuais máis recentes sobre este concello.

"Entrar aos vilares" o filme documental dirixido por Cibrán Tenreiro e que pertence ao proxecto Lareira de soños e o documental "Cine Tomé, unha raiolada en Guitiriz", creado por Kamy Iglesias e Xosé Antonio Arias, proxectaranse o vindeiro xoves 23 de setembro às 20:00 no salón de actos da Deputación Provincial dentro da XLIII Semana de Cine de Lugo nunha sección do prestixioso certame adicada a Guitiriz.

Ambas películas foron promovidas dende entidades culturais do concello, a primeira dende a asociación de Os Vilares e a do Cine Tomé dende a A.C. Xermolos e as dúas tentan recuperar anacos da historia recente, a primeira dende unha perspectiva etnográfica (Entrar aos Vilares) e a outra dende a lembranza viva dun pasado aínda presente (Cine Tomé).

Guitiriz na XLIII Semana de Cine de Lugo"Entrar aos Vilares" proxectouse en máis de setenta lugares de Galícia e foi finalista na #12MICE Mostra Internacional de Cinema Etnográfico e está editada en DVD co libro Lareira de soños de Pastora Veres. "Cine Tomé, unha raiolada en Guitiriz" estreouse no XLI Festival de Pardinhas o pasado ano.

Os dois filmes fan protagonistas ás xentes do lugar como narradores da súas propias vivencias, construtores e constructoras da historia dun pobo.

Guitiriz terá o vindeiro xoves protagonismo na 'Semana de Cine de Lugo' amosando dous traballos audiovisuais producto do seu dinamismo asociativo e cultural.

Nas proxeccións estarán participarán os equipos de realización das películas para un colóquio co público.

Reservas (gratuito):
https://kadelica.com/evento/cine/especial-guitiriz
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES