Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A casa dos xigantes xenerosos

viernes, 17 de septiembre de 2021
"Cuando un bosque se quema... algo suyo se quema, señor conde", mofábase o Perich naquelas campañas benintencionadas. Hoxe, as boas intencións seguen empredrando o camiño do inferno. O do lume. O dos incendios.

Aquí, alá e acolá os bosques quéimanse. Alguén queima os bosques. Cousas do cambio climático, do monocultivo do eucalipto, da superpoboación dunha especie animal tan pouco intelixente, depredadora e brutal como o Homo Sapiens, o Humano Sabio.

Unha ollada ao planeta móstrao ardendo polos catro costados. En Ribas de Sil, na Sierra Bermeja malagueña ou a danza do demo nun setembro negro para as árbores coa espada de Damocles do 30-30-30: 30 graos de temperatura, ventos de máis de 30 quilómetros hora e menos do 30% de humidade.

Nos xornais, noticias que apenas contan. Que en África hai máis de dez mil incendios activos en Congo e Angola. Que arde a Amazonía, un dos pulmóns do planeta. E preocupa que no xigante latinoamericano goberne un tipo con poucos escrúpulos y manga ancha cos donos das grandes facendas que cambian árbores por soia, selva por vacas, árbores por pradeiras para encher o insaciable bandullo do mundo rico que non quere percatarse do inasumible prezo dun quilogramo de carne. A Amazonía arde con entusiasmo no carnívoro ventre de EE.UU e a Comunidade Europea. Incendios forestais arrasaron xa 5,4 millones de hectáreas en Siberia e o fume copa una extensión tan grande como a Unión Europea. Unha California rica e reseca arde con entusiasmo.

A UME, Unidade Militar de Emerxencias, calificada de 'ocorrencia' por una oposición desnortada é agora a primeira chamada de auxilio cando veñen mal dadas. A xigantesca maquinaria apagalumes non cesa de medrar, tan cara, tan insostible. Nin todas as forzas do Estado apagarían o incendio de Málaga sen a axuda da bendita choiva.

Agora os expertos en xestión e extinción de incendios avisan de que non hai capacidade para extinguir os grandes incendios, os de 6ª xeración. Que o custo da maquinaria apagalumes supera o que produce a madeira. Que o cambio climático xa está aquí, Que a solución pasa por xestionar mellor a paisaxe sacando o combustible que alimenta os incendios. Por non seguir baldeirando de xente a España, a Galicia Baldeira.

Esperemos que o Homo Sapiens se comporte como Home Sabio. Que saiba afrontar o xigantesco reto da crise climática, a xestión da natureza, o coidado da propia casa e a casa do resto das especies vivas. Animais e vexetais. E coide o bosque, a casa onde habitan os xigantes xenerosos.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES