Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (9)

jueves, 09 de septiembre de 2021
AUTORES: José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñiz Besteiro.

Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (9) XI. PARROQUIA DE VILARMOSTEIRO
1. RESTOS DUN VIACRUCIS


COORDENADAS U.T.M
X: 622.654 / Y: 4.744.438

Por riba do muro que delimita o adro da igrexa parroquial do espazo exterior hai restos dun Viacrucis, reflectido en catro cruces situadas de cara á fachada da igrexa, parte central e flanco esquerdo.

A cruz que se conserva está composta dos seguintes elementos:

Unha base de tres corpos: o inferior, paralelepípedo con algunhas irregularidades; o medio amosa un tramo paralelepípedo e outro cunha molduración concava-convexa a xeito de talón; e o superior, cunha molduración convexa a xeito de bocel.

Por riba da base erguese unha cruz, de sección cuadrangular na parte inferior e oitavada no resto. Os extremos dos brazos son de forma de cruz florenzada.

Ademáis, conservanse restos da base e parte inferior da cruz, doutras tres cruces.

Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (9) 2. CRUCEIRO DO CAMPO DA FEIRA

COORDENADAS U.T.M.
X: 622.625 / Y: 4.744.438

Este cruceiro, que foi cambiado de lugar, está situado no Campo da Feira, pertencente á parroquia de Vilarmosteiro.

A nivel artístico, consta dos seguintes elementos:

Unha plataforma granítica, de dous chanzos paralelepípedos, que mostran algunas fendas na súa estrutura. Esta serve de soporte a unha base monolítica, paralelepípeda que amosa algunha irregularidad na súa parte inferior. Sobre esta prolóngase un fuste ou varal, de sección cuadrangular nos seus extremos e biselado no resto; mostra algunha restauración.

O fuste serve de apoio a un capitel clásico, que amosa varios tramos nunha orde descendente: un tramo paralelepípedo con algunhas irregularidades, e tres tramos moldurados, reflectidos en dous filetes unidos por unha moldura convexa ou escocia.

Como remate, unha cruz, restaurada, latina, de sección cuadrangular nos seus extremos, e con rebaixes pronunciados no resto do brazo transversal. Os extremos dos brazos son de forma de cruz potenzada.

BIBLIOGRAFÍA
ARRIBAS ARIAS, Fernando; BLANCO PRADO, J.M.; e SAAVEDRA PÉREZ, Mario.: Cruceiros do Concello de Vilalba, Vilalba (Lugo): I.E.S.CH. 2011.
BLANCO PRADO, José Manuel; MUÑIZ BESTEIRO, Manuel: Cruceiros. Cristos e Cruces do concello de Guntín de Pallares (Lugo), en Actas do VIII do Congreso Galego de Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas. Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas. Lugo. 2017
BLANCO PRADO, José Manuel; MUÑIZ BESTEIRO, Manuel: Cruceiros e Cruces do concello de Becerreá (Lugo), en Actas do IX do Congreso Galego de Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas. Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas. Lugo. 2018
BLANCO PRADO, José Manuel; MUÑIZ BESTEIRO, Manuel: Oratorios. Cruces de Misión e Viacrucis do Concello de Palas de Rei, en Actas do X do Congreso Galego de Cruceiros, Cruces e Petos de Ánimas”. Asociación de Amigos dos Cruceiros, Cruces de Pedra e Petos de Ánimas. Lugo. 2019.
FIGUEROA PAZ, Antonio V.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (SIX). Autor dos mapas de localización.
MUÑIZ BESTEIRO, Manuel.: Itinerarios polo Concello de Castroverde, Lugo: Amigos do Patrimonio de Castroverde, 2011.

INFORMANTES:
José Luís Arias Valiño.
Eduardo López Pérez
Francisco José López López
Concepción da "Casa de Vila".
Santiago Abraira.
María Díaz Boado.
José López Somoza.
Ermindo López López.
Pedro Barragán.
Nolito Froilán.
José Antonio Penela.
Jessica Rodríguez López.
Anisa Vázquez Vázquez.
Familia casa Lobeira de Vilafiz.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES