Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A foto / Verde

martes, 07 de septiembre de 2021
A foto
Sento a tomar un café e contemplo o horizonte. Tal horizonte non vai máis alá dos quince metros, como moito. Porque o edificio que hai en fronte non deixa ver máis. Aí remata o horizonte. E algún dirá: para o que hai que ver... Pois ó mellor ata ten razón; para o que hai que ver. Por se aquel nin tan sequera penso imaxinar que pode haber máis alá. Case prefiro contemplar unha foto que hai nunha revista que teño aquí á beira. Pingas de Orballo: A foto / VerdeÉ un autorretrato dunha muller (agora seica é máis profesional ou queda máis bonito chamarlle selfie). Dunha muller guapa. Con gafas. Cun sorriso moi aberto. E cun fermoso colgante que pendura desde o pescozo ata uns dez ou quince centímetros do seu "canalillo".
Pouco máis se distingue na foto. Aínda que o suficiente para ver que semella que a muller está tomando algo nunha terraza. Non é no interior, porque, detrás dela, hai como unha porta ou ventá de cristal no que se reflicte o edificio de en fronte. Non obstante, vaia pallasada a miña, o de fixarse ou describir todo o que arrodea á muller. Cando toda a vista se vai, se dirixe cara á ese sorriso branco, dentífrico. Nin tan sequera os anteollos son quen de distraer, de esfumar a fermosura da muller.
Para non caer na tentación de quedar de pasmón mirando para a foto, pecho a revista e volvo contemplar o horizonte. É dicir, o edificio que teño en fronte, no que a miña ollada choca cun súper, un café, unha panadaría, unha libraría e unha farmacia. Agora, como rematei de tomar o café, deixo de contemplar o horizonte e penso na foto. Marcho.

Verde
Din que o verde é a cor da esperanza. Eu esperanza sempre tiven moita. E téñoa. E sempre a terei. Sempre. García Lorca dicía: "verde que te quero verde". O outro día vin dúas películas case seguidas de Hulk, o home que se pon verde cando se cabrea, cando se enche de carraxe. Eu, coa carraxe, non sei se non me porei gris. Ou sen cor, que tamén. Verde é o vestido dunha muller que pasa á miña beira. Verde é o personaxe Pingas de Orballo: A foto / Verdeda "Lanterna Verde". Verde é a outonada ou o trevo dun lameiro e verdes son as agullas dos piñeiros. Lorca ata dicía que o vento era verde.
Verde é a froita antes de madurar. Tamén a experiencia dun rapaz. Verde é o asunto ou materia ó que lle falta aínda moito por desenvolverse, por solucionarse. Verde é o fento antes de secar e o loureiro para que o bendigan o domingo de Ramos. Verde é a selva do Amazonas e verdes son as gallas dos carballos do parque das Mestras, en Baños de Molgas.
Verde segue a ser o vestido da mesma muller que cruza de novo ante min. Cae por todo o seu corpo ata uns poucos centímetros dos seus xeonllos. "Verde que te quero verde; verde vento verdes ramas; o barco sobre o mar; o cabalo na montaña", seguiu dicindo Federico García Lorca. O meu burro pacía os toxos verdes do Río Vello e trouleaba ante a burra do Dositeo, o muiñeiro. Verde queda a opinión, ou a crítica, ou o parecer, ou a sentenza cando non madura. Verde que te quero verde. O que sexa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES