Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (8)

miércoles, 01 de septiembre de 2021
AUTORES: José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñiz Besteiro.

IX. PARROQUIA DE "A TORRE"
1. CRUCEIRO DE STA. COMBA.

COORDENADAS U.T.M.
ORIENTACIÓN. SUR-NORTE.
X: 621.735 / Y: 4.743.139

Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (8) Esta expresión artística, de dominio privado, está emprazada no interior da propiedade de D. Eduardo López Pérez, crego residente en Madrid. Foi realizada no ano 2004 por Talleres Vilaro, de Balmao (Sarria).

A nivel artístico consta dunha serie de partes claramente diferenciadas e colocadas nunha orde ascendente do seguinte xeito:

Unha plataforma granítica, de tres chanzos de forma paralelepípeda, que serve de soporte a un fuste monolítico, de sección cuadrangular nos extremos e oitavado no resto. Sobre o fusta apóiase un capitel clásico, que amosa nunha orde descendente os seguintes elementos: un ábaco, un equino, un filete, un caveto (moldura cóncava), un baquetón (pequena moldura convexa) e un filete. O conxunto remata nunha cruz de sección cuadrangular nos extrenmos e oitavada no resto. Os extremos dos brazos teñen forma de cruz florenzada. O anverso mostra, baixo unha cartela coa inscrición INRI, unha efixie de Cristo coas seguinte características: os brazos forman unha lixeira V e as maos están abertas; presenta unhas costelas moi resaltadas; o perizoma está anoado ao lado esquerdo; a cabeza está lixeiramente inclinada ao lado dereito; as pernas, lixeiramente flexionadas, amosan o pé dereito sobre o esquerdo e ambos os dous sobre un supedáneo. Pola contra, o reverso permanece liso.

Ao carón do cruceiro hai unha capela privada dedicada a San Pedro. Foi construída no ano 2007. Unha placa de granito, situada na parte superior dereita da fachada e apoiada en dúas mensulas reflicte a seguinte inscrición: "Capilla de San Pedro / de / Santa Comba /2007/".

X. PARROQUIA DE VILAFIZ
1.- COORDENADAS U.T.M
X: 627.034 / Y: 4.7445.958
Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (8)
CRUZ DO PICO DA CRUZ
Con motivo dunha seca, acaecida a mediados do século XIX nesta bisbarra, celebrouse unha rogativa na parroquia de Vilafiz. Nela participou un devanceiro da "Casa Lobeira" de Vilafiz, chamado Francisco. Este, guiando a unha parella de bois, subiu unha cruz ata o lugar do Pico, onde se encontra na actualidade . Outra versión dada polo colectivo Patrimonio dos Ancares e a asociación de recreación histórica Tir na N'og que din: Con respecto á cruz, salientar que a información sobr a cruz é case nula, Só encontraron referencias do xornalista e político Ricaro Becerro de Bengoa en 1883 na Gaceta de Galicia e na Revista Nueva Galicia en 1907 pola morte dun mozo ao disparárselle unha escopeta.

A cruz está formada por unha base granítica, de forma paralelepípeda irregular, que amosa dúas fendas na súa estructura e unha pequena rotura na base inferior esquerda.

A base serve de sostén a unha cruz latina, de dous metros de altura, que foi construída con granito de Balmao (Sarria), e que presenta no seu conxunto unha sección cuadrangular.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES