Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O crego de Xestoso alerta da falta de persoal sanitario malia o incremento de poboación maior

miércoles, 01 de septiembre de 2021
O Crego afirma que xa intentou contactar coa Xunta, a xerencia sanitaria da área O crego de Xestoso alerta da falta de persoal sanitario malia o incremento de poboación maiore mesmo o a, sen acadar ningún tipo de resposta. Lembra que a redución de Personal sanitario pode afectar á atención das e dos doentes, pero tamén ao estado de saúde das e dos profesionais sanitarias.

O CREGO DE XESTOSO ACUSA A CONSELLARÍA DE SANIDADE DE CAER NA "INACCIÓN", AO IGUAL QUE A "XERENCIA DA ÁREA SANITARIA DADA A SITUACIÓN DE "SOBRECARGA ASISTENCIAL" POLA QUE PASAN OS CENTROS DE SAÚDE E CONSULTORIOS DO MUNICIPIO NESTES MOMENTOS, TANTO POLO CORONAVIRUS COMO POLA MAIOR POBOACIÓN DA LOCALIDADE.

Veciñanza de MONFERO nunha das protestas a prol da sanidade pública. (Foto: dos usuarios do Centro de Día do Xestal).

O crego asegura que mesmo varias traballadoras de atención, contactaron co Sergas e demais administracións públicas para "solicitar reforzos" no ambulatorio do Concello. No entanto, denuncia, "non houbo resposta de ningún tipo, nin mostraron un mínimo interese".

Incide en que o silencio foi o que recibiron a pesar de que "dada a gran pobacion maior que existe no concello, con un Centro de Día".

Coa metade do persoal
"O caso específico de MONFERO, a situación é coñecida pola Xerencia de Área tanto médica como de enfermaría e tamén polo señor alcalde de Monfero, xa que o propio persoal do centro lle fixo entrega dunha escrita mediante rexistro de entrada na sede electrónica a principios do mes de agosto; onde, ademais, se lle solicitaba a súa intermediación coa Consellaría de Sanidade, para a procura de recursos necesarios cara garantir a adecuada prestación.
O crego de Xestoso alerta da falta de persoal sanitario malia o incremento de poboación maior
Sobre este consultorio, destacan que non se substituíron ás persoas de vacacións, polo que está a traballar a metade do persoal: "Un médico e un enfermeiro".

"Isto deriva en que cando o enfermeiro sae a atender os pacientes que están encamados (úlceras, controis de patoloxía crónica... e programados con antelación) o centro quédase cun só médico sen ningún apoio de enfermaría, co risco que isto supón se aparece unha emerxencia que haxa que abordar, ben no propio centro ou fóra del, na que se requira a actuación conxunta de médico e enfermeiro, poñendo en risco a saúde da poboación", abunda.

A maiores, lamenta que esta situación de "estrés laboral" estea a afectar aos profesionais sanitarios que traballan un "exceso de horas" e teñen moito "cansazo".

Iris Río como Directora do Centro de Dia Xestal (Monfero) manifesta o seu enfado por a situaciòn actual sanitaria que se està a vivir no Concello por falta de persoas mèdico, e di que, o rural està a desaparecer, temos poucos servicios e os basicos que temos non se están a cubrir ben, eso conleva non poder atender a xente maior como merecen, a xente maior son os que mais sufren isto porque sempre teñen algún altibaixo e non hay un mèdico que os poida axudar nin orientar para poder levar mellor a sua vida.
Rodriguez Patiño, Luis Ángel
Rodriguez Patiño, Luis Ángel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES