Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Portomarín, onde a seca trae memoria

miércoles, 01 de septiembre de 2021
Hoxe argallando no facebook, descubrín unhas fotos do vello pobo de Portomarín que a falta de auga deixa ao descuberto. Despois de todo, Portomarín ten a sorte de poder converter a seca nun recurso turístico que, se ben non é desexable podelo gozar un tempo prolongado, si que se converte nun avesío aproveitable nas secas incertas. Ao descuberto queda un pobo que tivo vida e soños e no que moitos seguen a soñar cando a liberdade do inconsciente corre á procura do mellor recordo.

Situándonos no presente, cómpre ter en conta todo o que Portomarín avanzou. Coido que a historia quixo poñer un bálsamo para as feridas facendo rexurdir o camiño de Santiago e convertendo o turismo no principal recurso da vila. O turismo desprazou no núcleo de Portomarín ao sector primario e isto mudou moito a vida cotiá do pobo. De certo, meréceo, como calquera pobo merece vivir da propia historia, amosarse único e irrepetible no mundo e promover as súas esencias como catalizadoras de leceres inesquecibles.

En Portomarín a seca é unha oportunidade que desexamos breve pero que non podemos desaproveitar, unha oportunidade dunha tarde, dun día ou dun fin de semana ledo e agarimado por unha gastronomía excelente nun marco incomparable. Que mellor para desconectar que gozar dunha historia contada en mil pedras de auga doce!
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES