Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Biografía de Francisco de Fientosa (Francisco Vega Ceide) (2)

viernes, 27 de agosto de 2021
Cando tiña doce anos, vaise con Crecente Vega a Narón onde exerce como cura. É de supoñer que o mesmo Crecente inflúe no adolescente Francisco ensinándolle latín e dándolle unha completa formación humanística e clásica, ademais de que o noso autor descubra o mar que fluirá decontino ao longo de toda a súa obra.

Fientosa asegúranos que remata o bacharelato e Maxisterio en Oviedo, é mestre de Primeiro Ensino cando cumple dezasete anos facendo escola en Terra de Vaqueiros, Braña, Lugarín, Oviedo, La Felguera. Francisco de Fientosa escribe o seu primeiro libro aos dezanove anos, unha obra titulada "Lendas", logo unha obra de relatos "Veramar", unha comedia en dous actos "Vaqueirada" e "Nena Remedios", hoxe desaparecidas.

Realiza estudios universitarios de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela e Madrid, na Universidade Central. En 1935 bota ao prelo os dous libros máis coñecidos "Triángulo Isósceles. Poemas" e "El Alba de Quechemarín. Poemas". Neste mesmo ano, o seu curmán Crecente Vega licenciábase en Linguas Clásicas en Salamanca e ía a Madrid preparar as cátedras de Instituto acompañado de Francisco Vega Ceide.

A revolución de Asturias tivo moito que ver na vida do noso autor e na do seu irmán César porque a súa irmá política –esposa do Secretario do Centro Galego- perdeu a vida nos combates da rúa en Oviedo e Fientosa perdeu a súa biblioteca de miles de volumes que foron pasto das chamas, e froito disto, o escritor da Valuria foi vendido e traicionado por un amigo, antigo compañeiro de Oviedo, cando eran estudiantes de Maxisterio polo primitivo sentimento da envexa que rematará co seu tráxico asasinato en Aravaca, unha noite de novembro do ano 36, crime levado a cabo polas milicias republicanas e ocultándose o paradeiro do corpo do noso poeta.

A propaganda franquista tómao para as sús filas, mais isto está carente de toda lóxica e credibilidade aínda que fose unha persoa de firmes crenzas relixiosas, o mesmo Dionisio Gamallo Fierros asegura que os seus verdugos se equivocaron dado que Fientosa respondía ao talante liberal aperturista dos mestres de escola dos anos trinta, pero a manipulación da súa morte seguíu, ata tal punto, que na porta da Universidade Central de Madrid hai unha lápida co nome del e doutros doce membros da comunidade universitaria que perderon a vida por mor das milicias republicanas.

Trapero Pardo, -outro dos autores esquecidos da Valuria- cualificábao como "un novo Valle-Inclán" e o poeta Sanz Díaz retrátao como: "enjuto y espigado; en el rostro, fino y fuerte a la vez, el misterio de unos ojos profundos e inquietos, y sobre ellos una cabeza en la que cabían lenguas clásicas y modernas, letras y artes y filosofías".

Pensamos que este grande poeta, obviado polos uns e polos outros, polo feito dos ideais políticos dos bandos, e el sen pertencer a ningún, non hai razóns para mantelo no esquecemento no que se atopa e desde aquí izamos velas, como el diría, que non bandeiras, para darlle a este poeta, amigo de Bécquer, de Cabanillas, de Carballo Calero... entre outros, a honorabilidade, importancia e prestixio que merece.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES