Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fervedoira

jueves, 26 de agosto de 2021
O Pazo da Fervedoira é un espectacular edificio, en franca decadencia, situado moi preto de Lugo, rodeado por xermolos urbanos que aínda non se deron conectado entre si para que medre a cidade.

A evolución da vida foi reducindo a poboación dos pazos, xa porque os vellos señores fosen numéricamente a menos, xa porque cada vez é máis difícil vivir nunha tal desmesura de superficie e custo.

Coñecín este pazo fugazmente cando era restaurante e ofrecía aos clientes a posibilidade de sentirse por uns momentos protagonistas dunha aventura no tempo sen despegar os pes do chan.

A gastronomía deixou logo de señorear a instalación para deixar paso ao que se adoita considerar o oficio máis antigo do mundo que, con intermediarios, clientes e traballadoras, degradaron as pedras que quixeron ser nobles. Como as degradacións siguen gradación non prevista, despois dun tempo sen uso, o pazo recibiu novos habitantes libertarios, non suxeitos a norma algunha, que tomaron posesión da vella mansión facéndoa volver á vida en aplicación dun extrano dereito de conquista.

Co paso do tempo, as desmesuras ás veces rematan por atallarse, e os conquistadores deberán abandoar o que consideraron terra de ninguén para que o tempo e os lexítimos posuidores marquen o destino daquela praza forte. Parece ser que aínda que os conquistadores teñan que render o casi castelo, andan buscando outro máis grande, un novo mundo que poder conquistar e habitar.

Triste destino dun pazo, levantado para ser pacífica morada, convertido en Campo de Agramante no que nin Don Quijote ousaría presentar batalla, polas extrañas e inxustas reglas de xogo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES