Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Tirarse ou caer

miércoles, 25 de agosto de 2021
Sabina dicíalle a unha que que facía alí tirada na plataforma. Digo eu que ó mellor empurrárona, ou simplemente caeu. Hai moitos que, para "pincharse", tíranse ós toxos. Un servidor non se tira a eles; son eles os que se botan enriba de min, os moi condenados, e sen compaixón ningunha. Esa muller de Sabina mesmo podía estar tirada na plataforma porque lle deu a ela a gana. Cada un tírase como Pingas de Orballo: Tirarse ou caerpode, como quere e como sabe. Mirade a certos xogadores o que fan para enganar ós árbitros: desde piscinazos esperpénticos ata caídas ben elegantes e, iso si, con certo teatro.
Ó ser humano gústalle tirarse ó chan... para cubrirse das balas, para presumir de porteiros, para esconderse da culpa, para espiar certas inocencias, para fornicar ó aire libre (co risco, iso si, deses toxos que pinchan), incluso para que digan del que se tirou porque non lle quedaba outra, e aínda que ninguén saiba o motivo do por que.
Eu nunca me tiro. En tal caso, caio; ou déixome caer. Pero antes de caer, miro moi ben e moitas veces se caio sobre os toxos o sobre mangados de herba. Que de parvo non teño un pelo. Por non me tirar nin me tiro cando escoito balas que asubían ó meu arredor; corro cara elas a peito descuberto e, non sei se é por medo ou polo que sexa, o caso é que non me atina ningunha. Sempre fun moi bravo e moi botado para adiante. Tirarse ou caer. Si que hai diferenza. A mesma que hai entre que te tiren ou que caias. No meu caso creo que nin dunha maneira nin de outra. Miro ó espello e a ilusión que vexo, o reflexo que vexo faime aguantar coma os heroes.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES