Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Exemplos a seguir

jueves, 19 de agosto de 2021
Hai algunhas persoas que son autodidactas; pero a inmensa maioría precisamos aprender doutras.
De tal xeito que precisamos persoas exemplares de quen aprender o que máis nos convén
Seguramente que das persoas que máis aprendemos, sobre todo na primeira infancia, é das persoas da propia familia.
Na familia aprendemos os valores básicos de convivencia as persoas que tivemos a sorte de nacer no seo dunha familia con bos principios.
Hoxe en día hai máis familias desestructuradas que nunca e, desafortunadamente, moitas criaturiñas teñen unha infancia moi difícil.

PERO Ó LONGO DA VIDA IMOS APRENDENDO DE TODOS ALGO.
Dunhas persoas aprendemos o que debemos facer e doutras o que nunca deberíamos facer.

DIN QUE OS MELLORES MESTRES SON OS NENOS.
OS NENOS ensínannos moitas cousas:
-CONFIANZA.
Se os adultos confiaramos como confían os nenos, seguro que a vida nos sería moito máis levadeira.
-SINCERIDADE.
A todos nos gustan as persoas que son como un libro aberto porque a súa sincerida non ofrece dúbidas.
-NOBLEZA.
A infncia actúa: tal cual. As cousas como son.
-MIRADA LIMPA.
A infancia ten a mirada limpa porque non ten "recunchos" que ocultar.
-XENEROSIDADE.
Os nenos dan o que teñen porque valoran a amistada por encima das cousas.
Etc, etc…
Pero andando o tempo, TAMÉN NOS ENCONTRAMOS CON PERSOAS ADULTAS QUE SON MARAVILLOSAS, que nos abren os ollos da mente para enfrontarnos á vida: son os Mestres.
OS MESTRES SON A ALMA DO POBO.
Son unhas persoas sumamente sencillas que:
-Nos abren os ollos da intelixencia.
-Moldean as nosas conductas se as ven desviadas.
-Aclárannos moitas dúbidas que nin siquera llas consultamos a nosos país.
-E SACAN DE NÓS O MELLOR QUE CADA UN É CAPAZ DE DAR.
Todos levamos no noso corazón a máis dun mestre que nos tocou unha fibra moi sensible do noso ser interno.
Moito agradecemento lle debemos ós Mestres.
Eles son "A CHAVE DO NOSO SABER"

HAI MOITÍSIMAS MÁIS PERSOAS E CONDUCTAS EXEMPLARES:
-O exemplo de persoas moi humildes que "SACAN PAN DE DEBAIXO DAS PEDRAS” para que á súa familia non lles falte alimento.

-O exemplo daqueles ESPOSOS QUE SE AMAN TENRAMENTE e derraman cariño ós seus fillos e ó resto da familia.

-O exemplo daqueles FILLOS QUE SE DESVIVEN por coidar ós seus proxenitores na ancianidade.

-O exemplo daquelas PERSOAS XENEROSAS que comparten o que teñen coas persoas máis achegadas.

-O exemplo dos AMIGOS QUE SEGUEN OS TEUS PASOS para acompañarte "nas duras" e "nas maduras".

-O exemplo daqueles ESTUDIANTES QUE SE EMPREGAN A TOPE para conseguir unha beca que lles permita proseguir estudios para conseguir os seus soños porque seus pais non poden pagarllos.

-O exemplo daquelas PERSOAS QUE PASAN POLA VIDA SILENCIOSAMENTE cumprindo relixiosamente os seus deberes.

-O exemplo daquelas persoas ANCIÁS QUE SABEN AGRADECER o que outras se ocupan de prestarlles os servizos que elas xa non poden realizar.

-O exemplo daqueles SACERDOTES QUE NON SE CASAN DE PREDICAR o evanxeo para guiarnos polo camiño adecuado.


HAI TANTOS, TANTOS, TANTOS BOS EXEMPLOS A SEGUIR que o único que hai que facer é prestar atención.

"PRESTAR ATENCIÓN"

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas pola súa exemplaridade e tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES