Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: As pernas dela

jueves, 19 de agosto de 2021
El mira para as pernas dela. Case estiven a piques de dicir que mira con disimulo, pero Pingas de Orballo: As pernas delanon; el mira directamente para as pernas. O de disimulo sería porque fai que está lendo. Pero non le. Mira. El está a uns dous ou tres metros dela na piscina que a moza ten na súa finca. El é un convidado. Por amizade, con respecto a ela. Por amor, por parte del. El, que de cando en vez semella que le en serio (incluso fai que bisba ou que borboriña as palabras coma se fora un vello rezando o rosario), non sabe o que le porque ata por entre as liñas se lle aparecen as pernas dela.
El, aproveitando que está por detrás dela, mira, agora xa, sen disimulo para as súas pernas. E pensa que a felicidade consistiría en percorrelas bico a bico, caricia a caricia, e subindo. Pero el sabe que a súa felicidade é efémera; dura o que dura ese instante e ese pensamento seu. Ante isto, el fai un xesto de desconsolo, de afliximento, pero non se desanima; segue soñando co que pode chegar, e aínda que non chegue nunca. Mentres soña e pensa e imaxina e confía segue mirando para as pernas dela e detense un chisco nunha tatuaxe situada no astrágalo dun pé, na que adiviña algo así coma o paso do tempo. El sabe que por ela nunca pasará o tempo. E ela sabe que el está espiando ("perdón, mirando, pois gústame que me mire, e espiar, neste caso, é unha palabra fea") mentres pinta con parsimonia e con moito tento, con moito tino as uñas dos pés coa cor vermella. El pensa se ela saberá que a felicidade e o desexo consiste en subir bico a bico, caricia a caricia por esas pernas que o elevan ó universo da ilusión ou dos soños. Segue mirando para as pernas dela.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES