Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (7)

miércoles, 25 de agosto de 2021
AUTORES: José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñiz Besteiro.

VIII. PARROQUIA DO SANTO ANDRÉ DA RIBEIRA.
No adro da igrexa hai dous cruceiros antiguos.
Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (7)
1. CRUCEIRO DA DEREITA.
COORDENADAS U.T.M.
A: 618.365. / B: 4.747.478

Está situado ao carón do muro, que delimita o adro da igrexa do espazo exterior, e mirando ao flanco esquerdo da fachada.

A nivel artístico, consta dos seguintes corpos:
Unha plataforma dun só chanzo de granito de forma paralelepípeda, que serve de sostén a unha base de cantería de forma paralelepípeda cos bordos superiores redondeados; a cara da base, que dá á fachada da igrexa, amosa un acanalamento cuadrangular; ademais, dúas das arestas posteriores están deterioradas. A base prolóngase nun fuste de sección cuadrangular nos extremos e con acanalamentos e rebaixes no resto. Este serve de apoio a un capitel clásico, moldurado, que amosa nunha orde descendente os seguintes tramos: un ábaco, un equino, un cuarto bocel, un colariño, un bocel e un filete. Como remate, unha cruz latina, de sección cuadrangular; amosa algunhas restauración na súa estrutura.
Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (7)
2. CRUCEIRO DA ESQUERDA.
COORDENADAS U.T.M.
A: 618.371 / B: 4.747.488

Tamén está situado ao carón do muro, que separa o adro do exterior mais mirando ao lado dereito da fachada.

A nivel artístico, está composto dos seguintes elementos:
Unha plataforma dun só chanzo de pizarra, que serve de soporte a unha base de cantería, paralelepípeda, que mostra unha pequena convexidade na aresta anterior dereita; unha das arestas posteriores está deteriorada. A base alóngase nun fuste de sección cuadrangular nos extremos e con acanalamentos, estrías e rebaixes no resto. Este serve de apoio a un capitel clásico que amosa os seguintes tramos nunha orde descendente: unha moldura convexa algo deteriorada; unha dobre estrutura troncopiramidal invertida superposta; unha moldura cóncava de media caña; unha moldura convexa a xeito de cuarto bocel; e unha estrutura irregular algo deteriorada con tendencia a unha pequena molduración cóncavo-convexa. Como remate, unha cruz latina, de sección cuadrangular, cun acanalamento cruciforme na cara que dá á igrexa.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES