Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viveiro, moito fandango... e soños de amor (4)

lunes, 30 de agosto de 2021
O San Pantaleón e Santa María en Galdo: O Amor é pan do Silenzo

Se algo garda iste cronista no seu seo de neno é Galdo. Alí descubreu a tenrura do seu tío abó sacando da súa mau infantil as espiñas da chumbeira. Tempos verían despois de seren outros amores tamén sabrosos e enguedelladores. Só vaia dicir que galdesa é a raiña do seu corazón.

Galdo, e con él o San Pantaleón, é a patria mai dos meus devanceiros, Alí ía como tradición familiar con tódolos meus a pasar a festa comendo nunha leira sobre un mantel. Eran tempos de nenez e felicidade a tope. Postre de claudias, de cerollos, que diría Dóriga, figos e ata pesegos. Se a Ribeira e Celeiro son mar, Magazos e Galdo son cunas de labregos con olor de herba, frutais, flores e o corazón fúndese con aquel paisaxe de encantadora postal verde de ovellas e vacas.

O San Pantaleón de Galdo matén viva a chama e exemplo de Galea. Vivir para facer felices os máis e un acto fermosísimo de xenerosidade. ¡E que ben soan as orquestas!. Sempre das mellores. E que a festa sexa no atrio, xa na outra ubicación, iso é cousa da comisión. ¡E cánta fachenda hai na misa e na procesión! ¿Oiches cantar a Felipe? Ben deitamos de Marisol de Prieto para tocar o órgano. ¡Qué ben o fan! ¡E qué roupas!, E mira o peinado da... ¿Viches a fulana? Viñeron da Coruña cunha chea de invitados. Moito traballa Ramón do Sargento pola parraquia. Si, xa sei que hai outros que tamén o fan.

Sal a procesión o derredor da igrexa e toca a campá o Maradona, récord guinness de cousas de fútbol. ¡Qué boa xente dan as aldeas! ¡E qué ben sabe o vermout na compaña da familia e os amigos! E soa a música. Xa era hora de que alguén cantase "Unha noite na eira do trigo".

E logo a xantar. Qué ben vai sendo hora que son as tres e media. Estache bón iste cocido. ¿Pero tamén fixeches cabrito asado? ¡Pois aínda tés pitos de curral! ¡Esta muller! E despois brazo de xitano, tarta de cabelo e améndoa, requesón, copas, chopitos... e iso que non contaches as fontes de ameixas das entradas. ¡Qué barbaridade de comida! ¡Coa fame que están a pasar outros no mundo!

Xa son as sete e aínda rodan os chopitos e estamos de cháchara. Non hai cousa mellor que unha conversa distendida despois dun xantar tan satisfactorio e farturento. Acó non se fala de naide, e menos de política, orde do dono da casa.

¿E será hora de ir a verbena a dar unha volta? Xa son as nove e oese a música. ¿Escoitas "A cabritiña", Leandro? ¡E mira que vai xente!. Sempre din que non vai a valer nada a festa e mira para aí. Non se cabe nos botiquins. E veña rumba, e dalle gas, e bótame un cubata que vai pagar meu tío... E miraches do neno que non se vai lonxe. Está alí no tobogán. Este ano veu cedo Mandiá. Alí está con Dorindo e Primo. Amando de Girón dixome que ía vir. Este ano hai moitos "suizos" e de por aló. Ata chegou a miña Belén, dice Herminia.

San Pantaleón é, coma todas elas, a festa da familia e un goza da irmandade e dos amigos. E síntese moi ledo porque disfruta da xente que ama todo o ano e toda a vida. Porque Galdo, con Viveiro, ven sendo o seu paraíso particular. Porque en ámbolos dous os seus devanceiros durmen o soño dos tempos, aqueles os que tanto amou, e sigue amando, sabendo que algún día voará, como unha estrela, para agarimar coa súa tenrura os corazóns feridos polo duro bregar do arado, do sacho e da vida.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES