Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (6)

miércoles, 18 de agosto de 2021
Autores: José Manuel Blanco Prado e Manuel Muñiz Besteiro.

VII. Parroquia de Sá
1. Cruz de Armesto.

Coordenadas U.T.M.
X: 623.669 / Y: 4.743.415
Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (6)Está stituada no lugar de "O Cruceiro" (Sá). Antano, esta cruz tiña un carácter público. No obstante co paso dos anos esta cruz foi adquirindo un dominio privado, pertencendo na actualidade a "Casa de Armesto". Hai uns vinte e cinco anos, os días 25 e 26 de Xullo, festividade patroal do Sant-Iago, saía a procesión e daba a volta ao redor desta cruz. A procesión detíñase ao carón da cruz, momento que se aproveitaba para rifar un año ou un cabrito; logo, a procesión seguía o seu curso ata a igrexa parroquial. A continuación, había membros da comunidade parroquial que adoitaban ir ata o campo da festa.

A nivel artístico, a cruz está composta dunha plataforma paralelepípeda irregular dun chanzo de cantería sobre a que se apoia unha base de dous tramos: o inferior, paralelepípedo; e o superior, troncopiramidal. No seu conxunto a base tende á irregularidade. Sobre a base érguese unha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto. Os extremos dos brazos teñen forma dunha "cruz potenzada".

2. Cruceiro de Sa.
Coordenadas U.T.M.
X: 623.711 / Y: 4.743.356
Está emprazado nun cruzamento viario do lugar de "O Cruceiro" (Sa. Dende hai uns vinte e cinco anos, a procesión patroal do Sant-Iago dos días 25 e 26 de Xullo da a volta ao redor deste cruceiro. Denantes, como vimos, circunvalaba a "Cruz de Armesto".

Este cruceiro foi restaurado hai uns seis anos por Ermindo López López da "Casa Cabrera". Para levar a cabo esta tarefa primeiro lavouno con auga a presión; logo, usou área e cemento; e finalmente botoulle un liquido impermeabilizante.

A nivel artístico, este cruceiro de carácter público, está formado por unha plataforma granítica de dous chanzos paralelepípedos, que serve de sostén a unha base monolítica, paralelepípeda, que foi restaurada. A base prolóngase nun fuste de sección cuadrangular na parte posterior e oitavado no resto. Nunha das caras do fuste hai un buraco, onde noutrora había un "Corazón de Xesús" de porcelana de cor azul, que co paso do tempo foise deteriorado. O fuste serve de soporte a un capitel clásico, moldurado, de tipoloxía dórica. Como remate, unha cruz latina, de sección cuadrangular nos extremos e oitavada no resto. Os extremos dos brazos son de forma de cruz potenzada.
Cruceiros. Cruces e Viacrucis do Municipio de O Páramo, Lugo (6)
3. Cruz de Aguieira
Está situada no lugar de Paredes (Sá). Trátase dunha cruz de linde entre os Montes do Páramo e Vilapedre (Sarria).

A cruz antiga foi deteriorándose e cambiouse pola actual, que segue sendo de cantería.

A nivel artístico consta de dúas partes:

Unha base de cantería, de forma troncopiramidal irregular, que amosa a súa cara anterior deteriorada nunha gran parte ao igual que a aresta anterior esquerda e, tamén, a aresta posterior dereita. Esta serve de soporte a unha cruz latina, de sección cuadrangular en ambos dous brazos, que mostra os seus flancos inferiores biselados.

Os extremos dos seus brazos son de forma de cruz potenzada.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES