Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Correr sentado / No Alto dos Castros

jueves, 05 de agosto de 2021
Correr Sentado
Canto corrín sen me mover do sitio! Eu sabía que tiña que correr, pero amargoume ir detrás do can que escapaba. A realidade era que o can non escapaba; quen escapaba era o burro e o can corría detrás del. Eu quería correr detrás dos dous, mais estaba tan ben sentado no penedo de Barricobos que nin fixen o intento de erguer. Ó final decidín deixalos. Que sexa o que Pingas de Orballo: Correr sentado / No Alto dos CastrosDeus queira. Correr para, ó mellor, atopalos no Guichón, pois tampouco era plan. Xa volverían cando se aburrisen de correr. Os animais tamén se aburren e tamén cansan de correr. Por iso de cando en vez toman folgos á sombra dun salgueiro. Eu non, eu corro co pensamento, e corro moito. Corro máis que os dous animais xuntos. Sentado aínda corro máis.
Que ben fixen o non correr! Non pasou nin media hora cando o Uriarte (o can) trouxo medio a remolque a Secundino (o burro). Para min que nos lles dera nin tempo de chegar a Portugalego. Seguro que na Tapada Nova xa deran a volta.
Eu non corrín, pero, sabedes?, noto como se estivera suado, como se correra a toda velocidade. E mirade que eu non son de moito suar. Empezo a desconfiar que si que corrín moito, aínda que estivese e seguise sentado. Ás veces as ansias ou as angustias fan suar moito. O medo tamén fai suar moito. Eu, estando o Uriarte comigo, non teño medo. Por iso case corrín detrás del (por se quedaba sen a súa compaña), pero vendo que podía correr igual sentado, deixei que a nugalla fose feliz dentro de min.

No Alto dos Castros
Asubío desde o alto dos Castros durante bastante tempo e axiña consigo ver, alá, no horizonte, unha nube branca que se achega. Penso que é unha nube branca, pero resulta que é a Perla Negra que navega polo regato de Xestosa. Xa me falla a vista e o entendemento. Cando perdín de vista á Perla Negra (que se metera por entre dous outeiros), optei por seguir chifrando, pero agora era "Camino Soria", o tema musical de Gabinete Caligari, o que saíu ó aire dos Pingas de Orballo: Correr sentado / No Alto dos CastrosCastros. Déuseme por aí, o de asubiar música. Podía asubiar por algún can, pero non o teño. Podía pitar un penalti, pero nin son árbitro nin estou en ningún deporte.
Estou no alto dos Castros contemplando o horizonte e intentando chamar polos biosbardos. Seguro que, nun despiste, aparecen os esperpentos de Valle-Inclán. Vou ter que optar por asubiar con dous dedos en vez de con catro. Con dous, seguro que sae o son máis lixeiro. Cando canse, usarei o acordeón para encoller ou estirar o asubío.
Agora xa confirmo que non era unha nube branca a que asomaba no horizonte, que era a Perla Negra que, por fin, estaba a poucos metros de min. Dela baixou un pirata da época da Idade Media e, por detrás, unha princesa coa cor de pelo que non era negro, nin branco, nin rubio, nin castaño. Tampouco era verde, aínda que o seu sorriso si prometía esperanza. Díxenlle ola ós dous e collín camiño da Seara, porque non son ningún compoñente de Gabinete Caligari. E así, pouco a pouco, atrás quedou o alto dos Castros.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES