Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nosa Señora das Neves

miércoles, 04 de agosto de 2021
Que agasallo tan fermoso recibín nestes días!

Un taco de cinco centos folios en branco!
Follas en branco?
E logo?

Brancas coma a neve!
Brillan por si soias.
Mais...
Algo me estarán a dicir!
Non si?

Penso...
e pregúntolles?
Que queredes de min?
O papel en branco reclama.
Algo me está a pedir.
Convida.
Provoca:
Escribe o que di o teu corazón.

A primeira folla é igualiño que o Espírito de Deus:
ilumina sobre mín.
Na segunda está Deus Noso Pai, Xesús...
E María!
Xa sei por que foi o agasallo?
A Nosa Señora das Neves!
Vén aí o meu día!

Agora entendo:
a miña vida é miña,
só a min me toca escribila cada día,
e a ninguén máis,
aínda que sexa con liñas torcidas.

A tinta coa que risco é coma a experiencia cotiá:
o amor,
a alegría,
a amizade,
a entrega,
tamén algunha tristura.
Mais o que agora mesmo sinto é moita esperanza.

Grazas papá!
Grazas mamá!
Sei que descansades,
que gozades da presenza do Noso Señor!

Mirade por min e polos meus.
Son os vosos netos e bisnetos.
Sodes sabedores da miña Fe desde nena.
Esa Fe medrou en mín!
E tal me valeu!
Ela axúdame a levar a vida con humildade e dignidade.

Nunca pensei que unhas follas en branco me dixeran tanto.
Como di o evanxeo: teño de estar atenta aos signos.
Iso é o que intento facer sempre.

É o meu día! É o meu santo!
Mellor, o día da miña Santiña!
É o nome que vos me puxestes:
NEVES!
A Virxe Branca.
A brancura dos folios!

E o día 8,
o meu cumpreanos.
Xa 66.
Claro que teño moito de que darvos as grazas.
O día que eu nacín, para vós, naceu unha filla!
Agora entendo!
Canto tardamos en entender!
Só agora podo dicir canto se lle quere aos fillos!

E vós a min quixéstesme!
Pois vaia se non!
Quixéstesme moito.
Grazas!

Estou nunha nova etapa da vida.
Xubilada civilmente.
Pero teño traballo para esta nova xeira da vida.
Xa non "polo civil",
nin asalariada.

É un traballo gratuíto,
voluntario,
de servizo aos demais.

As seguintes follas heinas escribir con lentitude,
Paseniño,
con moita esperanza.
E desde esa fe que teño
e que segue a medrar en min.
Deus está a concederme novas oportunidades
nesta Igrexa á que pertenzo e quero.

Só pido do Espírito Santo
que siga iluminando o meu soñar
e o meu camiñar.
Grazas!,
Miña Nosa Señora das Neves.

Narón - Xuvia, 05/08/2021
Espiñeira Medín, Nieves
Espiñeira Medín, Nieves


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES