Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luces e sombras en Eugenio Montes

martes, 27 de julio de 2021
A primeira vez que escoitei o nome de Eugenio Montes foi en Ferrol, no ano 1976, na Residencia Domus Ecclesiae onde me hospedaba, cando fun tomar posesión do meu posto de funcionario de Correos.

Ao ser de Bande, Martinho, preguntoume se coñecía a Eugenio Montes, nese primeiro momento comentoume que se coñecían de Roma. Co tempo fun sabendo máis detalles, algúns deles están publicados, no artigo do diario La Región do día 24 de marzo de 1983, co título “Crónicas romanas LEMBRANÇA DE EUGÉNIO MONTES”, que de forma precisa detalla nos apartados: convivência galega en Roma, os discursos de Montes; desconectado da vida cultural galega e coraçom galego. Esa larga convivencia de Martinho con Montes, danos indicadores fiables, percibidos por unha mente brillante para achegarnos ao auténtico Montes.

Cito textualmente o apartado de “coraçom galego”. Coa precisión dun cirurxián, Martinho, sinálanos onde están parte dos nosos posibles males, e que de forma recorrente seguimos a cometer.

“Poucos días de voltar eu agora a Itália, morreu em Madrid Eugénio Montes. Cando o avión para Roma despegou de Barajas, cruzou-me por a mente o seu recordo, misturado coa dor de saber que nom voltou a publicar em galego. Quem sabe, se a cultura galega lhe tivese mostrado sinais de que senteria acolhido –ou o que é o mesmo: se a nossa “intellighentzia” nom fosse tan dada como é a canonizaçons e anatemas típicos dumha secta de inciados que parecem querer ante todo conservar o controle do seu tesouro- , quiçá houvéramos recuperado para as nossas letras os derradeiros latidos literários dum magnífico escritor que a elas dedicara os primeiros.

De calquer jeito, estou seguro de que as cinzas do seu coraçom galego, desde o cimetério madrilenho onde repousa, mais dumha vez ouvindo susurrar os ventos atlánticos, repitirám, como el fazia nas nossas ceias de Roma –agora ai! , sem aquel brilho aceso nos olhos -:”Arinhos, arinhos ares, / arinhos da minha terra, / arinhos, arinhos ares, / arinhos, arinhos ares, / arinhos , levai-me a ela!”
Montes foi un home de contrastes, por veces de extremos, cunha personalidade poliédrica, o que non se lle pode negar, é que era un mestre da palabra, tanto oral como escrita.

Qué dixeron de Montes:
“Tres motivos ben concretos da biografía de Montes serán suficientes para corroborar a nosa valoración; Gutiérrez Palacio garda un sospeitoso silencio sobre a ruptura dos intelectuais galegos con Montes en Marzo de 1930 a través da revista Nueva España, a negativa de Franco a nomealo embaixador na Arxentina por a causa da súa situación matrimonial e o feito de que Montes se presentase como socialista pola provincia de Ourense nas eleccións a Cortes Constituíntes de xuño de 1931”.

Antón Capelán Rey, en vinte poemas galegos de Eugenio Montes, páxina 71.

A continuación recollo varias citas da Antología de la Obra de Montes de Javier Gutiérrez Palacio, publicado por a Xunta de Galicia no ano 2002, páxinas 11 e 12.

"(…) una noche de ese mismo enero del café La Granja el Henar saldría formando grupo, casi todo él de intelectuales, que calle Alcalá arriba intentará arribar a la casa del Rey. Al llegar a la puerta del Sol, ese pequeño grupo ya se había convertido en una gran manifestación que, a los gritos de "¡Muera Primo de Rivera!, ¡abajo la Dictadura!", bajará por la calle Arenal, ansiosa de volcarse en la Plaza de Oriente. Entre esos manifestantes iba yo, acompañado de Santiago Ontañón -ya un gran escenógrafo- y del alambicado, pedantesco y cursilón falangista de ahora Eugenio Montes, que era el que más gritaba."
Rafael Alberti

"O noso mellor poeta da avanzada"
Ricardo Carballo Calero

"Eugenio Montes tiene la calidad del alfil blanco, en un ajedrez de marfil"
Eugenio Dors

"…de todos los poetas que habrán de conocer en esa época sólo dos estaban destinados a alcanzar las vertiginosas cumbres de las jerarquías superiores del espíritu: García Lorca… y Eugenio Montes, en las escalinatas del alma y los cánticos pétreos de la inteligencia"
Salvador Dalí

"O Euxenio era o máis informado, escoitado e agresivo do grupo, endebén a sua intelixencia fose unha variante do seu dandismo (que con todo non era snobismo), intelectual e indumentario abviando no valeiro dunha dialéctica escintilante unha miga sádica, que xogaba a nos extraviar polo gosto de encaminarnos de novo…para volver a extraviar".
Eduardo Blanco Amor

"Ten adicado moi luminoso e fondos estudios a Pío Baroja e mais a Walt Whitman, na sua creación persoal, mostrase na que poidéramos chamar a eistrema esquerda da literatura, é un propugnadore dos derradeiros adiantos literarios"
Vicente Risco

"Se ha podido escribir tan bien como Eugenio Montes, pero mejor es imposible"
Jesús Suevos

"Las crónicas de Montes eran ajustadísimas, precisas, breves, pero de una rara perfección literaria que en ocasiones llegaba al virtuosismo"
Felipe Sahagún

Dado que Montes non está vivo para defenderse dos seus críticos, quen mellor pode falar é a súa obra. Debo dicir, que da miña primitiva ignorancia dos anos setenta do século pasado, recorrín un longo camiño de indiferenza ata ven entrado o século XXI, a continuación veu unha curta etapa de curiosidade que chega ao presente, na que prima o aprecio, a consideración e a estima, que se vai incrementando ao ir afondando na calidade literaria da súa obra.

Agora a decisión está en que Montes queremos reivindicar ou ben silenciar, a miña posición é clara, dado que a pesar das súas sombras, principalmente cos seus posicionamentos políticos, son moitas as luces que dan brillo a súa ampla e variada obra.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES