Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inclusión ata a morte

miércoles, 28 de julio de 2021
Veño de saber dunha iniciativa da funeraria Garrido en Quiroga que na súa páxina www.funerariagarrido.com ofrece os seus servizos á cidadanía musulmana amosando un exhaustivo coñecemento do seu ritual dende o tratamento do corpo ata o ritual de despedida ou a inscrición da campa.

Garrido tivo a visión de converter a diversidade (neste caso relixiosa) nun negocio e fíxoo conrespecto, sensibilidade e algo fundamental: o achegamento á diferenza no momento máis delicado da vida das persoas. Todo un exemplo de esperanza fronte a ignorancia e a insolidariedade.

Parabéns a Garrido (aínda que non teño o gusto de coñecel@s) porque coido que abriron unha liña de negocio que dignifica á inclusión converténdoa nunha oportunidade. Como a de Garrido hai máis oportunidades agardando a ser descubertas, só temos que pechar a mente á prehistoria e abrila cara a humanidade do século XXI.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES