Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: No campanario

viernes, 23 de julio de 2021
Xa sei que ninguén me vai crer. Pero a miña verdade vouna plasmar aquí, no papel. Botei 23 anos vivindo no campanario da igrexa de Baños de Molgas, a uns 30 metros de altura, sen practicamente comer nin beber. O practicamente débese a que cada 6 de agosto, o Pingas de Orballo: No campanarioencargado de repenicar as campás cando o san Salvador sae de procesión, subíame un codelo de pan e un cacho de touciño; como aquel manxar que levabamos de rapaces para o monte Medo. Polo demais, si se pode dicir que vivín do aire. Souben sempre que eu son un caso especial entre o ser humano. Aínda que nin eu mesmo sei como podo vivir sen comer, sen beber e sen facer nada.
Porque no campanario non facía nada. E que ía facer naqueles poucos metros cadrados! Por non facer é que nin lle prestaba atención ás badaladas do reloxo. Ó principio si que me molestaban. Estaban alí dálle que dálle cada cuarto de hora, que pensei que me deixarían xordo de por vida. Pero ós tres ou catro anos xa non me decataba nin de cando daban as doce, que xa é dicir.
Botei 23 anos matando o tempo discorrendo frases para a posteridade: que se a cuadratura do círculo era triangular, que se a luz do candil é o suco dun sentimento, que se a flor do toxo é o reflexo deste lado do espello, que se do outro lado tan só hai unha parede, que se o silencio é o tempo que vai entre badalada e badalada, que se a esencia dun latexo é a reviravolta dun pensamento... Ós 23 anos xustos baixei do campanario e ninguén me dixo nada. Metinme na casa e comín a fartar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES